Skip to Content

Outras actividades

Mundo bichos

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tiveron a sorte de poder asistir ao obradoiro "Toca Toca", pertencente ao proxecto "Mundo Bichos", no que puideron observar e tocar con total seguridade, distintas especies de invertebrados como insectos pau, arañas ...

Ademáis de coñecer as características morfolóxicas e funcionais dos mesmos e a importancia dos invertebrados nos ecosistemas, aprenderon a expresar e manifestar emocións co contacto dos animais. Sen dúbida, unha actividade moi interesante difícil de esquecer!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Mundo Animal

Visita ao Castro de Viladonga

O alumnado de 3º curso de E.P, desprazouse ao Castro de Viladonga onde fixeron un percorrido pola historia do mundo castrexo e a arqueoloxía do lugar. Ademáis,  realizaron un obradoiro de cerámica.

Despois de coñecer as técnicas e tipoloxías de traballar coa arxila, fixeron con barro "verdadeiras obras de arte", tomando como modelo, pezas atopadas no castro.

 

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Castro de Viladonga

Our school 2024

Visita ao Vello Cárcere de Lugo

O alumnado de 6º curso de EP visitaron o "Vello Cárcere" de Lugo, onde puideron coñecer a historia que encerra este emblemático edificio do século XIX da nosa cidade.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Vello Cárcere

Visita ao Anxo Carro

O alumnado de sexto curso de EP, foi convidado a pasar unha xornada no Estadio do CD Lugo,  "Anxo Carro". Ao longo da mañanciña, visitaron as instalacións, observaron como entrenan os xogadores, interactuaron con Nabic, a mascota, e participaron nun sorteo de agasallos.

Achegamos os nosos agradecementos ao CD Lugo pola súa invitación a esta xornada tan amena. Grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Anxo Carro

Gústame o meu río

O alumnado de 5º curso de EP, participa no proxecto "Gústame o meu río" organizado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Trátase dun programa educativo baseado no fomento do valor medioambiental dos ríos e a concienciación sobre a importancia da protección e conservación dos  ecosistemas fluviais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Gústame o meu río

Visita das xogadoras do Ensino CB

O alumnado de sexto de EP, recibíu a grata visita de Ane Olaeta e de Blanca Millán,  xogadoras de Ensino Lugo CB. Destacaron a importancia de apoiar ao deporte feminino e convidáronnos á asistencia do derby galego que xogarán contra o Celta CB baixo o lema "FAINO POR TI, POR ELAS E POR TODAS", o vindeiro 24 de febreiro. 

MOITA SORTE ENSINO LUGO CB!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita das xogadoras do Ensino CB

Ciberexpertos

O alumnado de 6º curso asistíu ás sesións informativas impartidas, por un axente da  Policía Nacional, sobre seguridade nas redes sociais nas que afondaron en temas tan importantes como identidade dixital, comportamentos en liña, tecnoadicións, xestión de privacidade, grooming, ciberbulling, xogos e contidos inapropiados...

Premendo na imaxe, podedes acceder a unha miniguía con  máis información sobre estes temas.


 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ciberexpertos

Obradoiro sobre dixestión e respiración

O alumnado de 4º curso de E.P, participou nun obradoiro no que se achegou ao estudo e visualización dos procesos de dixestión e respiración. A través do microscopio, observaron parte dos mesmos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Obradoiro sobre dixestión e respiración

Obradoiros sobre Prevención de Violencia de Xénero

O alumnado de 5º e 6º de EP, a través do Programa Socioeducativo do Concello de Lugo, participa nos obradoiros sobre a "Prevención da violencia de xénero".

Álbum: Curso 2023-2024 -> Prevención de Violencia de Xénero 5º/6º EP
Distribuir contido


by Dr. Radut