Skip to Content

Outras actividades

Xornada de xogos alternativos

Novamente, en colaboración co alumnado e profesorado do CIFP  Politécnico de Lugo, gozamos dunha xornada orientada aos deportes alternativos. Distribuídos en diferentes estacións, tivemos a sorte de poder  coñecer outras variantes dos deportes máis tradicionais. Unha xornada solleira onde mestres e alumnado descubrimos novas actividades e, como non, pasámolo moi ben. 

O noso agradecemento ao CIFP Politécnico de Lugo pola súa desinteresada colaboración. Moitas grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos alternativos

Visita á I Feira de Educación de Lugo

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria visitaron a I Feira de Educación, Formación e Emprego, organizada polo concello de Lugo en colaboración coa Xunta de Galicia, onde puideron achegarse a distintas ofertas educativas que poderán ter ao seu alcance nun futuro non moi lonxano: tecnolóxicas, científicas, lingüísticas, artísticas, sanitarias, deportivas, culinarias...

Álbum: Curso 2023-2024 -> Feira de educación

Abracadabra!

O alumnado de E.Infantil asistíu a unha sesión de maxia a cargo do "Mago David", que deixou abraiados a nenos/as e profesorado.

Viron como se separaban aros entrelazados que non tiñan apertura; atónitos quedaron cando o papel converteuse en billetes, o poliño volveu ser ovo, coa luz de cada neno/a iluminouse a Torre Eiffel, e xa para rematar, algún dos nosos, transformouse por un intre, en Harry Potter.

Unha sesión na que xogaron, fantasearon e participaron en experiencias máxicas que fixeron as delicias de todos/as os presentes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Sesión de Maxia

Mundo bichos

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tiveron a sorte de poder asistir ao obradoiro "Toca Toca", pertencente ao proxecto "Mundo Bichos", no que puideron observar e tocar con total seguridade, distintas especies de invertebrados como insectos pau, arañas ...

Ademáis de coñecer as características morfolóxicas e funcionais dos mesmos e a importancia dos invertebrados nos ecosistemas, aprenderon a expresar e manifestar emocións co contacto dos animais. Sen dúbida, unha actividade moi interesante difícil de esquecer!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Mundo Animal

Visita ao Castro de Viladonga

O alumnado de 3º curso de E.P, desprazouse ao Castro de Viladonga onde fixeron un percorrido pola historia do mundo castrexo e a arqueoloxía do lugar. Ademáis,  realizaron un obradoiro de cerámica.

Despois de coñecer as técnicas e tipoloxías de traballar coa arxila, fixeron con barro "verdadeiras obras de arte", tomando como modelo, pezas atopadas no castro.

 

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Castro de Viladonga

Our school 2024

Visita ao Vello Cárcere de Lugo

O alumnado de 6º curso de EP visitaron o "Vello Cárcere" de Lugo, onde puideron coñecer a historia que encerra este emblemático edificio do século XIX da nosa cidade.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Vello Cárcere

Visita ao Anxo Carro

O alumnado de sexto curso de EP, foi convidado a pasar unha xornada no Estadio do CD Lugo,  "Anxo Carro". Ao longo da mañanciña, visitaron as instalacións, observaron como entrenan os xogadores, interactuaron con Nabic, a mascota, e participaron nun sorteo de agasallos.

Achegamos os nosos agradecementos ao CD Lugo pola súa invitación a esta xornada tan amena. Grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Anxo Carro

Gústame o meu río

O alumnado de 5º curso de EP, participa no proxecto "Gústame o meu río" organizado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Trátase dun programa educativo baseado no fomento do valor medioambiental dos ríos e a concienciación sobre a importancia da protección e conservación dos  ecosistemas fluviais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Gústame o meu río

Visita das xogadoras do Ensino CB

O alumnado de sexto de EP, recibíu a grata visita de Ane Olaeta e de Blanca Millán,  xogadoras de Ensino Lugo CB. Destacaron a importancia de apoiar ao deporte feminino e convidáronnos á asistencia do derby galego que xogarán contra o Celta CB baixo o lema "FAINO POR TI, POR ELAS E POR TODAS", o vindeiro 24 de febreiro. 

MOITA SORTE ENSINO LUGO CB!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita das xogadoras do Ensino CB
Distribuir contido


by Dr. Radut