Día da Paz na Maía

 

  O día 30 celebramos o Día da Paz xuntándonos tódolos cursos de infantil e primaria  e cantando unha canción do poema de Xosé Neiras Vilas "Cantarela dos nenos". Os maiores formaron no centro do patio varios símbolos da paz. Tamén levamos un globo blanco no que cada clase colgou os seus desexos de paz. Despois colgámolos no patio e na entrada do cole.

Aquí o video coa canción.

Unha montaxe coas fotos da conmemoración.

   Contamos coa actuación de tres alumnas, Raquel, Marta e Aida co seu  grupo "Estrelas do rock" que interpretaron unha canción. Antes tocaron na Biblioteca para os seus compañeiros.

"A danza da choiva"

 

  A semana pasada os alumnos de 1º de primaria asistiron na Aula de Cultura do Concello a  representación da "Danza da choiva", un espectáculo da compañía de teatro Elefante elegante

"A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual: Que acontecería se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques".

Autoría, Dramaturxia, Escenografía e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro

Deseño de Iluminación Dani Pais

Coreografías Ánxela Blanco

Música Mano Panforreteiro

Vestiario Marcia Edleditsch

Os mandadiños do Meco

  Estimadas familias dos alumnos de Infantil:

  Do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o Entroido no centro, polo que pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos e fillas traian da casa o que mande o Meco (é acumulativo).

        

 Os mandadiños do Meco:

LUNS: "Se pirata queres ser, un pano na cabeza terás que traer"

MARTES: "Se o mar queres conquistar, bigote ou barba has pintar"

MÉRCORES: "Un parche nun ollo traerás e un bravo pirata serás"

XOVES: "Se o desfrace queres completar, un prismático ou un garfo terás que levar"

VENRES: os nenos e nenas poderán vir disfrazados libremente do que elixades.

                     Moitas grazas pola vosa colaboración. Un saúdo

                                      O profesorado de Educación Infantil

 

 

 

Os pequenos de 3 anos cantaron no Nadal

  A derradeira semana antes do Nadal os pequenos de 3 anos do cole subiron ao escenario da biblioteca do Centro para disfrutar con estas cancións. Por motivos técnicos nos demos subido os videos ata agora. Esperamos que disfrutedes tanto como eles.

 

CHARLA INFORMATIVA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS: ACOSO E PERIGROS DE INTERNET

 

Estimadas nais, pais, familias

O próximo martes 30 de xaneiro ás 19:00h, e coincidindo co día internacional da paz e a no violencia, realizarase na biblioteca do centro unha charla sobre temáticas tan vixentes e preocupantes como o acoso escolar e os riscos de internet. Esta charla está dirixida a vós e será  impartida por un membro dos corpos de seguridade especializado nestas temáticas.

En xeral darásevos información sobre as consecuencias do acoso escolar en quen o padece, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo; sobre a prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais e, especialmente, os relacionados coa súa utilización para a realización de condutas de acoso escolar, acoso sexual, tamén chamado " childgrooming", ou a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles, coñecida como "sexting".

Como sabemos que son temas que nos e vos preocupan esperamos contar coa vosa presenza.

Un saúdo

 

Isabel Abelleira Bardanca

 

DIRECTORA

Un Nadal diferente na Maía

  Este ano tivemos "un nadal diferente" e queremos contarvos como foi. Tendo como base o libro "UN AGASALLO DIFERENTE” vimos todo o que se podía facer cun anaco de tea e unha entre moitas era facer GRILANDAS para o Nadal e adornar os corredores tanto de infantil e primaria. E ademáis queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.

 Premede na imaxe ou no PDF adxunto para velo.

 

No Pazo do Faramello

 Aínda que con algo de retraso queremos completar unha entrada anterior da visita dos alumnos de 5º ao Pazo do Faramello.

  Neste PDF tedes algunhas das fotos realizadas durante a visita ao Pazo co xardín do recordo e ao seu entorno.

Felices festas!

Alumnos e profes participamos na ambientación de Nadal decorando o centro con árbores, grilandas de tea, beléns, debuxos polos corredores e polas portas das clases. A Ampa tamén colaborou montando a árbore dos desexos cos adornos que fixeron os nenos na casa.

COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODOS!

QUE TEÑAMOS UN VENTUROSO 2018!

Traballos de nadal dos alumnos de relixión

Unha pequena mostra dos traballos dos alumnos de relixión de infantil e primaria no Nadal 2017: beléns (nos que enpregaron todo tipo de materiais), debuxos, fotocall...

 

Guía de lecturas de Nadal

Guía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polos Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares do Concello de Ames.

 

 
Distribuir contido