Visita de Patricia da Aula da Natureza de Ames

  Dentro do traballo "Proxectando en verde" no que estivo implicado todo o alumnado do centro e cando xa estaban colocadas os carteis informativos cos códigos QR, recibimos a visita de Patricia da Aula da Natureza do Concello de Ames que nos explicou moitas das árbores e plantas que temos no colexio: usos medicinais e alimentarios, follas, cortezas... e tamén algunha historia da mitoloxía grega.  E decir: o traballo de investigación dos nosos compañeiros... 
   Estas son imaxes dunha das visitas, neste caso para os nenos de 5 anos que traballaron e nvestigaron sobre o bambú, o carballo e os xirasois.

 

Actuacións de 3 anos: contos e cantos

Os pequenos de 3 anos actuaron no escenario da Biblioteca do cole para os seus conpañeiros de infantil. Representaron o conto de Dona Carme e bailaron con acompañamento musical.

 

Proxectando en verde nas artes: música e plástica

   Durante este ano, tanto nas clases de música como de plástica, traballamos coa proposta de "Proxectando en verde" como  fío condutor do curso.

   Así, no 2º nivel coa cantiga "Buscando Papá Noel", fixemos un mural dun bosque de Nadal e cantamos coa música de Susa Herrera.

Fixemos carteis con slogans para salvar o planeta, un mural primaveral con árbores, plantas e animais de todo tipo.

    Na clase de música aprendemos e cantamos a cantiga popular  ”Tres hojitas madre” cunha sinxela coreografía.

 

     No 3º nivel a partir da mesma cantiga fixemos debuxos, un libro para a biblioteca e cantámola así:

    No 4º e 5º nivel traballamos a partir da cantiga “ Aparta loureiro verde”.  E no 6º nivel aprendimos a tocala coa  frauta doce.

 LER  PREMENDO AQUÍ O ARTIGO COMPLETO COS TRABALLOS DOS RAPACES.

 

 

Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º

   Jorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.

"Tres hojitas madre" polos alumnos de 3º

   Coordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre". 


 

Xogos de fin de curso

  Os alumnos de 1º participando nos xogos de fin de curso organizados para todos os niveis polo Equipo de Extraescolares

Os primeiros en Mazaricos!

   Os alumnos de primeiro da Maía fixeron unha saída de fin de curso e visitaron Naturmaz,  un centro de turismo activo en Mazaricos.  Pasárono xenial en contacto coa Natureza. Viron animais, déronlles de comer, fixeron escalada, xogos de busqueda do tesouro...

Os monicreques de 4º

  Os alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de  imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!

Excursión dos alumnos de 5º a A Coruña

    O día 12 de xuño os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha excursión á cidade da Coruña. Visitaron a Torre de hércules, o Monte San Pedro (coa cidade ao fondo na foto). Noutra foto están diante do obelisco. Visitaron  o Museo  de Ciencia e Tecnoloxía onde subiron á cabeza dun avión Boeing 707. (Para ver as fotos en grande premede nos ficheiros adxuntos). E para ver máis fotos da actividade entrade na Galería.

     Tamén fixeron actividades de grupo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS: "ACOSO: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E POSIBLES ACTUACIÓNS"

O centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en colaboración co CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEP de Ventín, organiza unha charla coloquio coa psicóloga especialista, Isabel López Arias sobre "ACOSO: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E POSIBLES ACTUACIÓNS" o luns 18 de xuño, ás 17:30h na Casa de Cultura de Bertamiráns.

Sabemos que é un tema que nos preocupa a todos: familias, profesorado e alumnado, así que agardamos contar coa  vosa asistencia o vindeiro luns.

Distribuir contido