Durante este ano, tanto nas clases de música como de plástica, traballamos coa proposta de "Proxectando en verde" como fío condutor do curso.
Así, no 2º nivel coa cantiga "Buscando Papá Noel", fixemos un mural dun bosque de Nadal e cantamos coa música de Susa Herrera.
Fixemos carteis con slogans para salvar o planeta, un mural primaveral con árbores, plantas e animais de todo tipo.
Na clase de música aprendemos e cantamos a cantiga popular ”Tres hojitas madre” cunha sinxela coreografía.
No 3º nivel a partir da mesma cantiga fixemos debuxos, un libro para a biblioteca e cantámola así:
No 4º e 5º nivel traballamos a partir da cantiga “ Aparta loureiro verde”. E no 6º nivel aprendimos a tocala coa frauta doce.
LER PREMENDO AQUÍ O ARTIGO COMPLETO COS TRABALLOS DOS RAPACES.