Visita dos nenos da gardería e reunión cos pais de 3 anos do curso que ven

   Fai uns días recibimos a visita dalgúns dos pequenos da gardería O Bosque que se incorporarán en setembro a este centro. Viñeron coa directora e as súas profes e trouxéronnos un precioso móvil que agora está pendurado na entrada do colexio. Os alumnos de 5 anos ensináronlles as súas aulas e agasalláronos cunhas flores feitas por eles.

    Hoxe tivemos  a reunión cos pais e nais que se incorporarán para o vindeiro curso... e como o prometido é deuda este é o video de Benvida que mostra un pouco o día a día no cole.

Calendario escolar para o curso 2018/19

 ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

2. Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

3. Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.

Policía Local e Seguridade Vial para 5 anos e xogo de busca no pazo da Peregrina

   Cristina, que é Policía Local do Concello de Ames, coordinou unha saída para falarnos de SEGURIDADE VIAL. Acompañou cos seus compañeiros esta  andaina das tres clases de 5 anos desde o colexio polas rúas de Bertamiráns. Cristina, Eva e Martín ensináronnos a ver as rúas con máis responsabilidade.

   De volta pararon no Pazo da Peregrina onde as titoras tiñan organizado un xogo de busca. Sós ou mellor en grupo, tíñan que localizar unha serie de cousas a partir das fotografías que se lles entregaron no panel: plantas, letreiros, marcas nas pedras, elementos arquitéctónicos...

E de remate merendaron no campo do Pazo. Pasárono moi ben! 

(máis información no blog de 5 anos DE 6ºA  PREMENDO AQUÍ)

SEGURIDADE VIAL

XOGO DE BUSCA NO PAZO DA PEREGRINA

 

PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR

   Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común, proposto desde o Equipo de Normalización a todo o Claustro, sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE"  e na  AULA VIRTUAL desta web tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.

  Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e  un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.
Algunhas das portas: 
 
 
Algúns dos carteis:
 

CHARLA INFORMATIVA

Estimadas nais, pais, familias:

Como xa se vos informou por correo electrónico, queda fixada a reunión informativa coa directora do IESP de Ames, para o luns 4 de xuño, de 9:30 a 10:00h., na biblioteca do CEIP A MAÍA.

As familias do alumnado que finalmente non pasará ao IESP de Ames por ter feito reserva en outro centro, non teñen que asistir a esta reunión.

Retratos de María Victoria Moreno

     Retratos de María Victoria Moreno realizados polos alumnos de 1ºC para o Día das Letras Galegas.

6º de infantil visitou o Pazo do Faramello

   Os alumnos de 6º de infantil fixemos unha saída ao Pazo do Faramello no Concello de Rois. Gonzalo Rivero de Aguilar, o seu dono, ensinounos o xardín e fixo con nós o recorrido mentras nos contaba a historia do Pazo e as labores de recuperación do contorno con especies autóctonas resistentes ao lume.

   Despois dunha longa camiñata polo entorno do Pazo merendamos coas familias e pasamos unha xornada moi especial.

  Coa axuda dos pais plantamos tres árbores do amor (cerquis siliquastrum) no Xardín do Recordo en memoria das víctimas do accidente do Alvia en Angrois. E colgamos un tendal co poema BICOS de Ana Mª Fernández. 

   Podedes ver como o pasamos no blog de 6ºA de infantil e nesta montaxe coas foto da visita.

 

6º de Infantil no Fogar do meu burro de Lamas

   

  O pasado luns 21 os nenos de 5 anos achegáronse ao "Fogar do meu burro", un Centro de Terapia con animais na aldea de Lamas coordenado por Tomás, no que os protagonistas son os burros. Uns animais que, según Tomás, son moi respetuosos co ritmo dos demais e por eso os emprega para terapias. Podedes ver máis información no blog de infantil.

   Aprenderon a facer instrumentos musicais (Tomás leva anos coa musicoterapia) e a respetar a uns animais que son pacientes, lentos, tranquilos, colaboradores e sobre todo e a pesar do seu nome, moi intelixentes. 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN 2018/19

Poden consultar as listaxes completas no taboleiro de anuncios do colexio.

ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º, 5º e 6º de educación infantil.

Todo o alumnado solicitante de un posto escolar en 1º (agás a presentada fóra de prazo), 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria.

NON ADMITIDOS:

Solicitude presentada fóra de prazo para 1º de educación primaria.

Solicitude presentada para 6º de educación primaria.

 

Os non admitidos deberán esperar á adxudicación da comisión de escolarización.

 

FORMALIZACION DA MATRÍCULA.

 O alumnado admitido en cada centro educativo formalizará matrícula empregando o modelo Anexo III no prazo seguinte:

Do 20 ao 30 de xuño

OUTRAS INFORMACIÓNS

Ábrese un prazo de 5 días dende o momento da publicación para reclamacións.

Para mais información diríxanse  á dirección do centro no número de teléfono 881866002.

 

Bertamiráns, 15 de maio de 2018

A DIRECTORA

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

Tendal de poemas e paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns

        

Os alumnos e alumnas dos centros educativos de Ames participaron nesta proposta do EDNL  do Concello. Fixemos un tendal de poemas cos paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns, na travesía do Porto no Milladoiro e no monte escolar de Carballo.

   Dous alumnos de cada clase foron elexidos por sorteo para representar aos seus compañeiros e levar os poemas que agora están pendurados das árbores para que disfrutedes lendo estos versos ilustrados.

Distribuir contido