Os alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!
O día 12 de xuño os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha excursión á cidade da Coruña. Visitaron a Torre de hércules, o Monte San Pedro (coa cidade ao fondo na foto). Noutra foto están diante do obelisco. Visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía onde subiron á cabeza dun avión Boeing 707. (Para ver as fotos en grande premede nos ficheiros adxuntos). E para ver máis fotos da actividade entrade na Galería.
O centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en colaboración co CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEP de Ventín, organiza unha charla coloquio coa psicóloga especialista, Isabel López Arias sobre "ACOSO: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E POSIBLES ACTUACIÓNS" o luns 18 de xuño, ás 17:30h na Casa de Cultura de Bertamiráns.
Sabemos que é un tema que nos preocupa a todos: familias, profesorado e alumnado, así que agardamos contar coa vosa asistencia o vindeiro luns.
Fai uns días recibimos a visita dalgúns dos pequenos da gardería O Bosque que se incorporarán en setembro a este centro. Viñeron coa directora e as súas profes e trouxéronnos un precioso móvil que agora está pendurado na entrada do colexio. Os alumnos de 5 anos ensináronlles as súas aulas e agasalláronos cunhas flores feitas por eles.
Hoxe tivemos a reunión cos pais e nais que se incorporarán para o vindeiro curso... e como o prometido é deuda este é o video de Benvida que mostra un pouco o día a día no cole.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.
Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
2. Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
3. Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.
O Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.
Cristina, que é Policía Local do Concello de Ames, coordinou unha saída para falarnos de SEGURIDADE VIAL. Acompañou cos seus compañeiros esta andaina das tres clases de 5 anos desde o colexio polas rúas de Bertamiráns. Cristina, Eva e Martín ensináronnos a ver as rúas con máis responsabilidade.
De volta pararon no Pazo da Peregrina onde as titoras tiñan organizado un xogo de busca. Sós ou mellor en grupo, tíñan que localizar unha serie de cousas a partir das fotografías que se lles entregaron no panel: plantas, letreiros, marcas nas pedras, elementos arquitéctónicos...
E de remate merendaron no campo do Pazo. Pasárono moi ben!
(máis información no blog de 5 anos DE 6ºA PREMENDO AQUÍ)
Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común, proposto desde o Equipo de Normalización a todo o Claustro, sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE" e na AULA VIRTUAL desta web tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.
Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e un código QRelaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.
Como xa se vos informou por correo electrónico, queda fixada a reunión informativa coa directora do IESP de Ames, para o luns 4 de xuño, de 9:30 a 10:00h., na biblioteca do CEIP A MAÍA.
As familias do alumnado que finalmente non pasará ao IESP de Ames por ter feito reserva en outro centro, non teñen que asistir a esta reunión.
Os alumnos de 6º de infantil fixemos unha saída ao Pazo do Faramello no Concello de Rois. Gonzalo Rivero de Aguilar, o seu dono, ensinounos o xardín e fixo con nós o recorrido mentras nos contaba a historia do Pazo e as labores de recuperación do contorno con especies autóctonas resistentes ao lume.
Despois dunha longa camiñata polo entorno do Pazo merendamos coas familias e pasamos unha xornada moi especial.
Coa axuda dos pais plantamos tres árbores do amor (cerquis siliquastrum)no Xardín do Recordo en memoria das víctimas do accidente do Alvia en Angrois. E colgamos un tendal co poema BICOS de Ana Mª Fernández.