"A historia extravagante de Hipo & Gavante": debuxos do concerto

O pasado 16 de marzo asistimos á representación desta obra interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

 Antes de ir ao concerto, traballamos tanto a parte musical como o conto. Entre todos fomos completando as rimas e adentrándonos na historia. Á  volta do concerto e nas  clases de plástica cos titores e titoras  de 2º nivel, fixeron  debuxos  sobre o conto. Podedes velos premendo AQUÍ  e tamén nesta imaxen .

    Esta suite sinfónica composta por Cristóbal López Gándara no ano 2014 sobre o conto de Nono Granero do mesmo título,  conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires e onde se fai amigo dun bogavante ao que lle gusta moito o café.

    O alumnado tamén dispón do libro  ("A historia extravagante de Hipo e Gavante” ) na biblioteca do colexio para lelo ou poder levalo a casa e seguir disfrutando desta  maravillosa historia.