CHARLA INFORMATIVA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS: ACOSO E PERIGROS DE INTERNET

 

Estimadas nais, pais, familias

O próximo martes 30 de xaneiro ás 19:00h, e coincidindo co día internacional da paz e a no violencia, realizarase na biblioteca do centro unha charla sobre temáticas tan vixentes e preocupantes como o acoso escolar e os riscos de internet. Esta charla está dirixida a vós e será  impartida por un membro dos corpos de seguridade especializado nestas temáticas.

En xeral darásevos información sobre as consecuencias do acoso escolar en quen o padece, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo; sobre a prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais e, especialmente, os relacionados coa súa utilización para a realización de condutas de acoso escolar, acoso sexual, tamén chamado " childgrooming", ou a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles, coñecida como "sexting".

Como sabemos que son temas que nos e vos preocupan esperamos contar coa vosa presenza.

Un saúdo

 

Isabel Abelleira Bardanca

 

DIRECTORA

Un Nadal diferente na Maía

  Este ano tivemos "un nadal diferente" e queremos contarvos como foi. Tendo como base o libro "UN AGASALLO DIFERENTE” vimos todo o que se podía facer cun anaco de tea e unha entre moitas era facer GRILANDAS para o Nadal e adornar os corredores tanto de infantil e primaria. E ademáis queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.

 Premede na imaxe ou no PDF adxunto para velo.

 

No Pazo do Faramello

 Aínda que con algo de retraso queremos completar unha entrada anterior da visita dos alumnos de 5º ao Pazo do Faramello.

  Neste PDF tedes algunhas das fotos realizadas durante a visita ao Pazo co xardín do recordo e ao seu entorno.

Felices festas!

Alumnos e profes participamos na ambientación de Nadal decorando o centro con árbores, grilandas de tea, beléns, debuxos polos corredores e polas portas das clases. A Ampa tamén colaborou montando a árbore dos desexos cos adornos que fixeron os nenos na casa.

COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODOS!

QUE TEÑAMOS UN VENTUROSO 2018!

Traballos de nadal dos alumnos de relixión

Unha pequena mostra dos traballos dos alumnos de relixión de infantil e primaria no Nadal 2017: beléns (nos que enpregaron todo tipo de materiais), debuxos, fotocall...

 

Guía de lecturas de Nadal

Guía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polos Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares do Concello de Ames.

 

 

Campaña de Seguridade Viaria: visita da Policía Local a 6º de infantil

 O pasado venres visitounos unha axente da Policía Local de Ames. Doulles unha charla de educación e seguridade viaria aos alumnos de 6º de infantil.

  Toda a información da visita está no blog de 6º de infantil, premendo AQUÍ

Punto de Igualdade

  Dentros dos actos pola igualdade e contra a violencia de xénero que se realizan no Concello de Ames, está a creación dunha Biblioteca sobre o tema, que foi presentada, entre outras, pola directora do Centro de Información á Muller de Ames (CIM), María Teresa Arufe. Con esta iniciativa que se chama PUNTO DE IGUALDADE búscase promover a través destes libros o respecto, a igualdade e a seguridade en si mesmas das alumnas e alumnos do Concello para que sexan capaces de cambiar  o mundo no que viven.

(no PDF adxunto están recollidas algunhas fotos da presentación)

Buzón de Convivencia

  Dentro dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Convivencia escolar, están entre outros:

  • Promover actividades para traballar as habilidades sociais, a autoestima, a intelixencia emocional, a resolución pacífica de conflictos...
  • Fomentar a participación no patio en xogos colectivos que favorezan  a convivencia entre o alumnado na hora do recreo.
  • Deseñar actividades que contribuan a desenvolver a competencia social e cidadá.
  • Colaborar na proposta de actividades  de acollida para o alumnado procedente doutros paises.
  • Promover a relación de igualdade entre homes e mulleres.

   Todos estos obxectivos abarcan aspectos e situacións nos que se poden dar algún tipo de problemática entre os alumnos e alumnas.  Por eso, para facelos visibles, e despois tratar de solucionalos, o Equipo puxo en funcionamento o BUZÓN DE CONVIVENCIA, do que explican a súa utilidade neste video.

Si o necesitas NON DUBIDES EN USALO!

 

VISITA AO PAZO DO FARAMELLO

 

O Pazo do Faramello  está situado sobre o canón do río Tinto, afluente do Rio Sar, no lugar do Faramello no concello de Rois, provincia da Coruña.

Este pazo intégrase de forma espectacular na contorna natural que lle rodea é a contorna perfecta onde desenvolver actividades escolares nas que, desenvólvese de diferente maneira un contacto integral coa natureza, e ao tempo poténciase o coñecemento da ecoloxía e a historia de Galicia, por iso mereceu ser mencionado na obra da poetisa Rosalía de Castro, Camilo José Cela ou encomiado por Emilia Pardo Bazán. Ademais, durante a visita acompañounos a TVG facendo unha fermosa reportaxe sobre a mesma, que a podedes vela completa premendo sobre este enlace.

 Cando programamos unha saída co alumnado procuramos que lle proporcionen vivencias nas que participe a comunidade e que ao fin revertan sobre ela axudando a mellorala. Todas as actividades escolares  están enfocadas a un fin solidario, a plantación dunha árbore no Xardín do Recordo. un xardín público memorial á traxedia de Angrois no 2013, como colofón de cada visita

A nosa contribución para que quen visite o xardín foron un códigos QR con información sobre as árbores que plantamos, cercis siliquastrum  ou árbores do amor, para que quen o visite poida acceder no momento e in situ á información.

O noso agradecemento ao dono do pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, por poñer á nosa disposición e desfrute un entorno natural e único como é o do pazo. Tamén a unha parella, pai e nai dunha moza vítima do accidente do Alvia, que nos acompañaron na visita de xeito agarimoso  e discreto. Asun, nai de Laura (unha das vítimas do accidente) contoulles aos nenos e nenas que,  aínda na súa dor sen consolo apoian a Gonzalo na labor de seguir adiante co Xardín do Recordo, porque agora serán fermosas árbores as que lle lembrarán aos seus seres queridos.

 

O noso agradecemento tamén para Guillermo Crespo, membro da Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (FIRE), polas súas explicacións sobre a labor de reforestación de bosque atlántico que se está levando a cabo no pazo. E por último, o agradecemento á fotógrafa Elena Cerviño que foi quen de capturar fermosas e únicas imaxes que quedarán no noso recordo do que foi una marabillosa xornada didáctica nun entorno único.

Distribuir contido