REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º e 6º DE INFANTIL

Aviso de reunión:

Quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º e 6º de infantil para unha reunión informativa coa titora ou titor correspondente. Ten por obxectivo clarificar diferentes aspectos relacionados co curso 2017-18. Moitas grazas.

Data: 19 de setembro (martes)

Hora: 17:00 h.

Lugar: nas aulas de cada alumno/a

 

O Equipo de Ed. Infantil.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Aviso de reunión:

quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º curso de educación primaria para unha xuntanza co profesorado titor dos seus fillos/as.

Data: 14 de setembro (xoves)

Hora: 16:30 h.

Lugar: Biblioteca do centro

Daráselles información sobre o proxecto E_Dixgal e o seu funcionamento nas aulas, así como información de interese para iniciar este curso 2017/18.

 

O profesorado de 5º de educación primaria.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O 1º DÍA DE COLEXIO (11/09/2017)

Achéganse  normas para organización de entradas no centro.

AVISO IMPORTANTE: RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS/AS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA AO REMATE DO HORARIO LECTIVO E SOBRE A RECOLLIDA DELES NAS PARADAS ESTABLECIDAS NO TRANSPORTE ESCOLAR.

Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

1º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

  • O alumnado será recollido nas instalacións do centro educativo polas persoas identificadas como responsables no horario fixado.
  • Poderase autorizar formal e expresamente a outra persoa adulta ou a un irmán/á que curse 5º, 6º Educación Primaria ou ESO a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregando no centro de ensino.
  • No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentenza xudicial, convenio regulador ou acordo provisional que terán que presentar no colexio.
  • O alumnado permanecerá custodiado no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial, a partir do horario de recollida fixado. Os responsables da recollida dos nenos/as terán obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir, de non contactar con eles nun período inferior a 30 minutos, remitirase á Policía Local ou Garda Civil.
  • En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas,agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan o alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

  • O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.
  • Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.
  • Os autobuses esperarán nas paradas como máximo 5 minutos, tras do cal continuarán co seu itinerario levando consigo aos escolares non recollidos.
  • No supostos de escolares non recollidos nas paradas, os acompañantes chamarán aos teléfonos facilitados polas familias para que acudan as seguintes paradas de ruta ou nas dependencias das empresas.

 

2º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

  • Os escolares poderán saír no horario previsto, sós do colexio, sempre que os seus pais, nais ou titores legais, presenten ante a Dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo a Consellería de calquera responsabilidade, por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

  • Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

 

Atentamente,

 

A directora

 

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES ATOPAR OS MODELOS DE AUTORIZACIÓNS PARA CUMPLIMENTAR E ENTREGAR OBRIGATORIAMENTE NO CENTRO

LISTAXES DE MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO

Os beneficiarios do fondo de libros para 3º e 4º de educación primaria poden pasar a recollelos no centro o mércores, xoves e venres de 10:00h a 14:00h.

 

 

AVISO DE REUNIÓN DO ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS

AVISO DE REUNIÓN:

O mércores día 6 de setembro ás 17.00 terá lugar a reunión cos pais e nais dos alumnos de 4º de infantil na aula de cada titora.

As listaxes das aulas estarán expostas na porta de entrada do edificio de infantil.

Por favor, pregamos puntualidade e non acudir cos seus fillos/as para optimizar o tempo e a efectividade da reunión.

As/os titoras/es

 

Ata sempre compañeiros!

  Despedimos ao rematar xuño aos nosos COMPAÑEIROS: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música). Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos. Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.

    

   Para Paco remata agora a súa vida profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que, desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade, respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!

     A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.

     Moitas grazas por acompañarnos!

 

Presentación do libro "Os fíos de infantil" de Ángeles e Isabel Abelleira

    Hoxe, no MUPEGA, presentouse o libro "OS FÍOS DE INFANTIL" de Ángeles e Isabel Abelleira.  O ano pasado o libro, que reflexa o seu traballo nas aulas recollido no blog "INNOVARTE" (un referente na educación infantil galega),  foi recoñecido co prestixioso premio Marta Mata, entregado pola Asociación de Maestros Rosa Sensat de Cataluña "por iniciativas e traxectorias que melloran o labor pedagóxico en España". Despois de ser editado en catalán, agora  a Editorial Galaxia, co apoio da Xunta de Galicia, publicou esta obra en galego que foi presentada polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez nun acto ao que asistiron familia, compañeiros e amigos de Ángeles e Isabel.

Máis información na páxina da Consellería premendo AQUÍ

 

Paco Nogueiras con infantil na Maía

 

  Os pequenos de infantil, antes de comezar as vacacións, puderon disfrutar da actuación de Paco Nogueiras organizada polo Equipo de Infantil. Aínda que ao inicio estaban algo tímidos, despois cantaron e bailaron sen parar a pesar da calor. Brincavai, O samaín, O antroido move o corpo e En Galego, son as súas cancións preferidas..... Pasámolo xenial! Grazas Paco!

 

Distribuir contido