3º Curso
Proxecto Competencial de 3° C
Enviado por A Maía o Mér, 01/02/2023 - 7:11pmO xoves, 26 de xaneiro, os alumnos/as de Proxecto Competencial de 3° C representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulàbase " Respeto por las diferencias".
Como público asistiron os compañeiros/as de primeiro, segundo e terceiro.
Podemos ver o vídeo da obra e as fotos premendo aquí.
3º: Un Obradoiro de pan!
Enviado por A Maía o Mér, 19/06/2019 - 12:51amOs alumnos de 3º visitaron o espazo DOSPASOS. Participaron nun obradoiro onde aprenderon a amasar e facer pan seguindo as instruccións en inglés de Sarah Phillips. Unha bonita experiencia.
Maquetas dos alumnos de 3º para o ciclo da auga
Enviado por A Maía o Mér, 15/05/2019 - 1:48am
Os alumnos e alumnas de 3º realizaron estos DIORAMAS DE CAIXA que representan o CICLO DA AUGA cos procesos de vaporización, condensación e precipitación. Un traballo que mostra que a cantidade de auga da que dispoñemos no planeta é limitada e sempre é a mesma. Por tanto é un recurso que compre coidar e respetar!
Anxela Loureiro: "Choiva de ras" na Maía
Enviado por A Maía o Xov, 04/04/2019 - 12:29amO xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra“Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases cos seus titores e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.
Ver máis información sobre a escritora e a súa obra no blog da Biblioteca.
Un novo blog en 3º
Enviado por A Maía o Sáb, 09/03/2019 - 3:05amDesde fai pouco máis dun mes contamos no Centro cun novo blog no que a profe Inma pon á vosa disposición as actividades, traballos dos seus alumnos e recursos da aula de 3º. Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade.
"Tres hojitas madre" polos alumnos de 3º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 10:10pmCoordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre".
Os Reis Magos de 3º A
Enviado por A Maía o Mér, 28/12/2016 - 11:51pmCon platos e con plastilina, os alumnos e as alumnas de 3º A de primaria do Ceip A Maía, fixeron esta árbore de Nadal e os Reis Magos. Tamén fixeron coroas de espumillón para decorar as portas de casa.
Amadriñamentos lectores entre 3ºC de primaria e infantil
Enviado por A Maía o Xov, 16/06/2016 - 9:14pmDurante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +
O Antroido en 3º
Enviado por A Maía o Ven, 05/02/2016 - 9:26pmCARTELÓN DO ANTROIDO DOS RAPACES DE 3ºOs alumnos e as alumnas da clase de Carmela fixeron as súas máscaras do Antroido relacionadas co Sistema Solar.
E os das clases de Mariluz e María José fixeron estas outras co mesmo tema:
E así se disfrazaron os da clase de 3ºC