Skip to Content

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSAL

15/03/2022 11:03
Europe/Madrid

 Coincidindo coa data do aniversario do nacemento da escritora, e coa participación de toda a comunidade educativa, levamos a cabo diferentes actividades para homenaxear a súa vida e obra.

Velaquí un pequeno resumo.

En todas as aulas da nosa escola agromaron pensamentos e enchémonos de cores e verbas bonitas, con flores feitas á man polo noso alumnado acompañadas de versos de Rosalía.

 

Grazas a vós familias, sempre dispostas a colaborar, puidemos facer este tendal cheo de fermosos versos e ilustracións.

 

Un día especial, no que sementamos ilusión e inauguramos o “Bancal de Rosalía”, que os nosos nenos e nenas encheron de pensamentos, grazas á aportación da ANPA.

AdxuntoTamaño
Hoxe no @AngorenCole con rosaliadecastro. Un tendal cheo de verbas para celebrar o DiadeRosalia. Vai por vós familias. Gracias pola vosa colaboració.mp47.82 MB
Sementando no @AngorenCole polo DiadeRosalia. Na hortaangoren o bancal de Rosalía énchese de pensamentos! DiaDeRosalia2022 Gracias a @anpaosmuinos.mp45.97 MB


blog | by Dr. Radut