Skip to Content

RADIO BERETIÑO: 3º PROGRAMA 4º B

O pasado mércores 6 de abril o alumnado de 4º B emitiu o seu 3º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Foi un programa moi interesante e, como sempre, cheo de novidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dun interesante animal: A mantis e de onde teñen o seu sentido do oído. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "Quérote máis" do grupo ourensán "O sonoro Maxín". No apartado de "Novas do cole" lembráronnos a celebración do "Día do Libro" o vindeiro 23 de abril e as diferentes actividades que os distintos departamentos están preparando no colexio para esa data. Tamén tivemos recuncho literario cunha invitada especial: Ainara de 4º A que nos leu o seu escrito titulado: "Extraterrestres no meu colexio" que resultou moi divertido. Tamén nos propuxeron os diferentes concursos de infantil e primaria con interesantes preguntas sobre animais e sobre o aire. A participación foi moi alta entre o alumnado e estamos impacientes por saber quenes serán os premiados. Fixérono fantástico! Parabéns!

AdxuntoTamaño
3º programa 4º B 1ª parte.mp35.57 MB
3º programa 4ºB 2ª parte.mp38.8 MB
3º programa de 4ºB 3ª parte.mp36.83 MB


page | by Dr. Radut