Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado mércores 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero no centro e para elo realizamos diversas actividades para concienciar ao noso alumnado deste grave problema, que por desgraza, segue moi presente na nosa sociedade.


Os diferentes cursos elaboramos unhas estrofas relacionadas co tema da violencia de xénero cos que montamos dúas cancións con bases musicais das cancións de MALVELA ("Ai, Maruxiña") e MENIÑOS CANTORES ("Eles non poden ver"). Esas cancións foron as que cantamos ese día 25 de novembro todo o alumnado do colexio para amosar o noso rexeitamento a ese grave problema da sociedade.


Tamén traballamos o tema do maltrato analizando as noticias da prensa diaria que foron recopiladas polo alumnado de 4º a 6º nun mural que colocamos no 2º piso. Tamén elaboramos un mural onde o alumnado foi colocando as súas propostas para contribuir á erradicación deste problema.


Por outra banda, o alumnado de 1º a 3º e tamén o de infantil traballamos este tema a través dos contos como por exemplo o de "Artur e Clementina" e tamén elaboramos un mural con propostas do alumnado para "CAMBIAR OS CONTOS"  e modificar esas accións negativas por outras positivas.


Deixamos un adxunto co dossier de actividades realizadas. Para visualizalo pulsade aquí.


Deixamos tamén algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron.


 













    Deixamos tamén as cancións que elaboraron os diferentes cursos para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de infantil e 1º adaptaron a canción de "Ai Maruxiña" de Malvela e o alumnado de primaria desde 2º a 6º adaptaron a canción de "Eles non poden ver" de Meniños Cantores. Fixeron un traballo fantástico e quedaron moi ben. Escoitade!


 

AdxuntoTamaño
A Maruxiña Infantil.mp33.51 MB
Eles Angorén.mp36.61 MB


page | by Dr. Radut