Skip to Content

PREPARANDO O ENTROIDO 2015

Chegou o entroido, os disfraces, a festa, a troula e como todos os anos nesta semana de entroido comezamos recibindo as ordes do "MECO" que este ano saiunos viaxeiro e vai polos diferentes países deixandonos as súas indicacións.


O venres pasado,atopábase en Exipto e deixounos a primeira orde que foi a seguinte:


                                          


" SE CUN PAÍS QUERES IDENTIFICARTE, LE CON ATENCIÓN ESTA INFORMACIÓN: ATOPA UNHA VISEIRA, AGRÉGALLE UNHA BANDEIRA E XA PODES CRUZAR A FRONTEIRA"


Agardamos que o luns sexades moitos os que veñades con esa prenda e poñeremos as fotos dos participantes.


Aquí deixamos as fotos dalgunhas viseiras que chegaron ata o colexio.



 


   Hoxe o "Meco" volveunos a deixar unha nova orde desde unha famosa cidade europea... A orde é a seguinte:


                  


      "UNHA MALETA DESEÑARÁS, CON CROMOS, PEGATINAS ... A DECORARÁS ¡¡A TODOS/AS VAS IMPRESIONAR"


   Agardamos que sexades moitos os que veñades coas maletas e deixaremos unhas fotiños das maletas orixinais. Animádevos a participar!


  


         


 


   Hoxe martes o "Meco" viaxou ata a India e deixounos unha foto ao lado dun monumento moi famoso desa cidade: o "Taj Mahal", e como non podía ser doutro modo, deixounos outra encomenda, que é a seguinte:


"SE UN PAÍS QUERES ATOPAR, UNS ANTEOLLOS, PRISMÁTICOS DESEÑARÁS, E UN BO EXPLORADOR SERÁS!!!"


                      


Deixamos algunhas mostras dos anteollos e prismáticos que chegaron ao colexio. Eran fantásticos!


 


 



    Hoxe mércores, o "Meco" viaxou ata unha das cidades máis cosmopolitas e deixounos unha foto cun dos seus monumentos máis característicos: "A Estatua da Liberdade" e deixounos a última orde deste ano que é a seguinte:


"SE QUERES LEMBRAR OS LUGARES MÁXICOS QUE VISITARÁS, UNHA CÁMARA DE FOTOS DESEÑARÁS"


                                           


     Deixamos algunhas mostras das fabulosas cámaras que trouxeron ao colexio para sacar unhas magníficas fotografías. Que creatividade!


 


 


 


Grazas a todos/as pola vosa participación. Bo entroido!


 


 


 

AdxuntoTamaño
ordes do meco parte 1.flv6.91 MB
ordes do meco parte 2.flv7.71 MB


page | by Dr. Radut