Skip to Content

2º PROGRAMA DE RADIO BERETIÑO

2º Programa de Radio Beretiño!


    O venres 5 de decembro, (día en que recibimos a visita do conselleiro de Educación), puidemos volver a escoitar a Radio Beretiño. É o segundo programa de Radio Beretiño do presente curso. Alumnos e alumnas de 4º puxéronnosao día da axenda cultural da nosa bisbarra onde destaca a celebración do "CULTURGAL", fixéronnos unha recomendación musical, informáronnos das novas do "cole" e como conmemoración do día contra a violencia de xénero leron unhas cartas que o alumnado lle dedicou a MALALA (unha rapaza moi especial que loitou e loita polos dereitos das nenas e nenos a unha educación) e agradecéronlle a colaboración á ONG "Implicadas no desenvolvemento" que nos viñeron a dar unha charla sobre os grupos de axuda mutua e o traballo que fan en países como a India, e prestáronnos tamén unha exposición de fotografías que estivo exposta no centro durante esa semana. Por último, déronnos pistas para averiguar:"Onde está o Beretiño?" con pistas para os maiores e para os máis "Kativos". Foi moi interesante e divertido. Tivemos, de novo, unha grande participación. Xa non cabían máis papeletas no buzón! A continuar así!


Grazas a todos pola vosa participación.


Deixámosvos os enlaces para que poidades escoitar o 2º programa de "Radio Beretiño" desta segunda etapa.

AdxuntoTamaño
2º programa Radio Beretiño parte 1.mp36.57 MB
2º programa Radio Beretiño parte 2.mp34.49 MB
2º programa Radio Beretiño parte 3.mp34.42 MB
entrega de premios 2º programa.mp36.87 MB


page | by Dr. Radut