Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 18, 2023
Start: 18/04/2023 10:41

Nesta entrada podedes informarvos, a través do documento adxunto, do Proxecto Educativo do centro aprobado en xaneiro do 2023.

Start: 18/04/2023 10:51

Nesta entrada podedes informarvos, a través do documento adxunto, do Plan de Comunicaciónde centro aprobado en xaneiro do 2023.

Start: 18/04/2023 11:00

Nesta entrada podedes informarvos, a través do documento adxunto, do Plan de Acollida do centro aprobado en xaneiro do 2023.

 

Start: 18/04/2023 11:02

Nesta entrada podedes informarvos, a través do documento adxunto, do Plan de Lectura do centro aprobado en xaneiro do 2023.

 

Mércores Abril 19, 2023
Start: 19/04/2023 09:02

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía.

O alumnado do centro foi partícipe en numerosas actividades ao redor da poesía. Non só lemos e recitamos

poemas, tamén inventamos,creamos e ilustramos!


E ben aproveitamos a radio para recitar os poemas en directo.

 


Aquí deixamos pequenas mostras do proceso de diferentes grupos.

 

 
 
Martes Abril 25, 2023
Start: 25/04/2023 13:00

Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión dentro do prazo para o curso 2023/2024 están admitidos no centro. 

As listaxes están publicadas no taboleiro do centro.

 

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. A partir do 13 de xuño avisaremos na web cando podedes vir a traer os documentos. 

 

Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.

Venres Abril 28, 2023
Start: 28/04/2023 08:53

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio.

Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

Venres Maio 05, 2023
Start: 05/05/2023 12:29

Familias, está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas do ministerio de educación e formación profesional para aquel alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo.

Pichade na seguinte imaxe e teredes toda a información e nos adxuntos desta entrada tedes a convocatoria e o anuncio do BOE

Start: 05/05/2023 21:07

Un sábado de convivencia no centro e o resultado foi espectacular. Entre todxs, traballando en quipo puidemos realizar diferentes xogos e espazos para que o nosos alumnado disfrute deles no tempo de lecer.

Moita ilusión cos nosos novos rincóns dos patios!! Mirade o seguinte video para ver proceso e resultados do obradoiro familia-escola!!!

Start: 05/05/2023 21:12

A semana do libro está chea de actividades para desfrutar! Onte, dende a biblioteca da Caracola Tola propúxose a caracterización do noso personaxe de libro favorito.

  Mirade que abanico de personaxes!

       

         

          

         

 

Conta a lenda que san Jordi matou un dragón empregando a súa espada e do sangue que se derramou brotou un rosal con flores vermellas.
A cativada do Angorén facendo uso desta lenda, púxose mans a obra e crearon rosas cunha mensaxe para regalar a quen quixesen!!

Start: 05/05/2023 21:34

A primavera xa está aquí e en Galicia rendémoslle culto levantando estas construcións vexetais. Os nenos e nenas, en grupos internivel, axudáronse uns aos outros e conseguiron un precioso maio.

       

                                        

Xuntas, organizadas e coordinadas: as aulas do cole foron creando as pezas que fixeron posible levantar o Maio do Angorén.

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

Mañá é o gran día! Os cánticos copleros xa están listos e non podemos agardar a escoitar as voces de pequenos e maiores!

Start: 05/05/2023 21:45

Hoxe démoslle oficialmente a benvida á primavera coa celebración dos maios.

Onte os nenos e nenas do Angorén traballaron moi duro para levantar ese maio que hoxe luce tan bonito. Tamén tiñan as súas coplas preparadas na que nos contaban algo do que levan feito neste curso. As profes e as familias tamén se animaron a participar e todos xuntos puidemos gozar dun bonito festival.

Pequeno resumo de todos os pequenos e grandes artistas do Angorén.

         

           

            

         


Dende infantil ata as familias, pasando por primaria e as profes, todos xuntos e todas xuntas, puidemos gozar un ano máis da tradición dos maios.

Ano tras ano, gozamos dunhas coplas que ben merecen os mellores premios da comarca . Orixinais e sinceras, onde entra un pouco de todo: amor , humor, reclamos e agradecementos . Porque como quedou hoxe claro, todos estamos a unha!!

 

Agora que temos a primavera ben entrada, seguimos nesta recta final cara o verán!

 

Start: 05/05/2023 21:59

 A biblioteca da CARACOLATOLA presenta... ENCONTROS NA BIBLIOTECA!!



Tras recabar información sobre as inquedanzas e necesidades das familias... preparamos 5 encontros que non vos podedes perder!!

              

             

                  

Todos eles requiren INSCRIPCIÓN PREVIA, mandando un correo electrónico a bibliodacaracolatola@gmail.com

Nese correo debes indicar:
- CONCEPTO: o que se indica para cada un dos encontros.
- NOME e APELIDOS das persoas da familia que van a asistir. (LEMBRA! Algunhas propostas son só para familias, e noutras tamén pode vir o alumnado).



Dende o equipo de biblio contestarémosvos indicando se tendes plaza ou estades en lista de espera.

Pregámosvos ás persoas interesadas que se reservan plaza, comprométanse a vir. En caso de xurdir algún imprevisto, agradecémosvos que avisedes coa maior antelación posible, para poder cederlle a plaza a outra persoa.

Se tendes algunha pregunta, non dubidedes en escribirnos por correo! Intentaremos contestar o antes posible!

Xoves Maio 11, 2023
Start: 11/05/2023 13:24
Hoxe tivemos na biblio da Caracolatola unha visita moi especial: “Polo Correo do Vento”. 
 
O día das letras galegas está a caer e no Alexandre Bóveda xa estamos quentando motores. 
 
Este ano o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego e hoxe puidemos coñecer a súa historia grazas a unha pequena biografía ilustrada de Polo correo do vento.
Dende os máis pequenos ata os medianos do cole, gozaron dunha sesión “espectacular”, así a definían algúns dos participantes.
 
Ademais de achegarnos á figura das Letras Galegas deste ano, axudáronnos a desenvolver un chisquiño máis a nosa creatividade  e expresión artística. Antes de comezar o obradoiro escoitamos algunha voz de “eu non sei debuxar” mais os resultados amosan todo o contrario, cada un e cada unha obtivo una estupenda caricatura de Francisco Fernández del Riego! 
 
Grazas Enrique Mauricio por agasallarnos con esa historia oral e Carlos Taboada por guiarmos no noso debuxo!
 
 
 
 
 
Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 10:00

O maratón das Letras Galegas será o día 19 de maio na zona do paseo, na rúa do Peirao do porto de Chapela co resto dos centros educativos da nosa zona.

A planificación dese día é a seguinte: 

 

Se queredes saber o percorrido de cada un dos cursos podedes acceder ao enlace:

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1BusSmedCcHpF11AyvZrh93STwvAkGhD9&ll=42.26740841953366%2C-8.673642708626524&z=16

 

Este ano colaboran: Concello de Redondela, Unicef, DISCAMINO

 

Xoves Maio 18, 2023
Start: 18/05/2023 09:15

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2023, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.

O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 18 de maio ata o día 31 de maio.

O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios

 

Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.

Distribuir contido


by Dr. Radut