Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 23, 2023
Start: 23/02/2023 09:04

Comunicarvos que as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria  que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA resultaron todas admitidas.

Start: 23/02/2023 12:07

O luns se queres recetas mil, precisas un mandil!!

                                                                

 

O martes, para por a comida na mesa colle un mantel e pono de capa se tes presa!!

           

                                         

 

Mércores, froito ou vexetal podes traer todo xunto para animar o teu conxunto!!

              

              

 

Xoves, disfraz e mascarada, do que che pete a gana!!

                

                

Start: 23/02/2023 12:28

VENRES: todxs en comparsa sairán para poder desfrutar e festexar!! Despois de moito traballo...así de guapxs saímos hoxe polas rúas de Chapela!! Música, disfraces e moita ilusión foi a combinación perfecta para festexar este venres de entroido!

                           

                           

                          

                          

                          

 

Cos nosos mellores disfraces estabamos listos para percorrer as rúas de Chapela e... así o fixemos!! Alumnado, mestrxs e familias desfrutamos dunha gran xornada de convivencia!!
Rematamos o noso recorrido na Alameda Rosalía de Castro onde puidemos bailar, xogar e gozar dun estupendo venres de entroido!!
Gracias a nosa Anpa "Os Muíños"pola axuda que nos brindou!!
E tamén gracias ao Concello de Redondela por xestionar o corte de tráfico das estradas!
Mirade os videos para ver un pequeno resumo deste día tan xenial!!! 

 

 

Venres Febreiro 24, 2023
Start: 24/02/2023 09:23

Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2023-2024

Martes Febreiro 28, 2023
Start: 28/02/2023 08:55

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de marzo.

Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

Xoves Marzo 02, 2023
Start: 02/03/2023 09:03

Abrimos o prazo de solicitude de admision de novo alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos incluídos).

Podedes pedir cita para entregar a documentación e facilitarvos o proceso no

teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Tedes adxunto nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a

documentación que tedes que traer:

 

 Os prazos para o proceso de admisión son os seguintes:

 

- Solicitude de praza: 1-20 de marzo

- Listaxe provisional: 25 de abril

- Listaxe definitiva: 15 de maio

- Formalización de matrícula: 20-30 de xuño

 

 

 

 

Mércores Marzo 08, 2023
Start: 08/03/2023 09:10

O alumnado de 1º e 2º realizou un gran traballo co conto da "Bruxa Discordia".

A continuación podedes ver o video co resultado final!! 

 

Luns Marzo 13, 2023
Start: 13/03/2023 13:09

Xoves, 23 de febreiro, celebramos o  Dia Rosalía de Castro: dramatización, poesía, cancións, debuxo...

ARTE EN VIVO E DIRECTO.

 

Martes Marzo 14, 2023
Start: 14/03/2023 16:33
Esta semana, co motivo do Día da Muller, a biblio da Caracolatola encheuse dun espírito de reivindicación da igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas. 
Na biblio puidemos aprender moito sobre a historia e o significado do 8M, así como continuar descubrindo referentes femininos con xogos de mesa. Un material fantástico de lapizele.
 
 
 
Ademais, o equipo de biblio organizou lecturas de historias de mulleres pioneiras que abriron o camiño en moitos ámbitos da sociedade, loitando e defendendo os dereitos das mulleres.
 
  
 
Foi unha semana na que celebramos moitos éxitos e avances, pero tamén tomamos consciencia dos retos que aínda temos que superar.
 
No Angorén e na biblio da Caracolatola estamos comprometidos coa educación en igualdade.
Start: 14/03/2023 18:12

FAMILIAS!!! PRECISAMOS A VOSA AXUDA!!!

 

Tras a primeira xuntaza de cole - familias estas son algunhas das ideas do que queremos no patio para o alumnado.

 

Deixamos a presentación adxunta para que podades botarlle unha ollada.

Nos próximos días facilitaremos máis información.

TODA PROPOSTA OU APORTACIÓN É BENVIDA!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut