Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xaneiro 18, 2023
Start: 18/01/2023 09:42

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xaneiro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

Start: 18/01/2023 09:46

Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña.

Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no

laboratorio!!

 

Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda...

Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome.

Finalmente plantamos estas herbas na nosa horta.

 

Start: 18/01/2023 10:03
Celebramos 100 días vindo ó cole; descifrando códigos, creando gafas, coloreando, facendo grafismo, conteo, pulseiras…. Traballaron a
poesía Haiku, 100 palabras positivas en distintos idiomas, melloraron o cálculo, crearon escritos e estableceron propósitos para cando teñan una centena de anos!!! O alumnado do Alexandre Bóveda aproveitou esta celebración para interiorizar, aprender, lograr e o que é máis importante, SUPERARSE!
 
   
    
  
 
 
Venres Xaneiro 20, 2023
Start: 20/01/2023 09:24

Unha gran xornada de waterpolo na piscina

O alumando de 6° non lle ten medo á choiva, nin ao frío, nin moito menos ao reto que lles propuxemos: iniciarnos no waterpolo.

Pasamos unha mañá moi divertida xunto cos nosos compis do resto dos coles de Chapela (Igrexa-Chapela e Laredo) así como os monitores que nos guiaron e convidaron a esta fantástica experiencia!

Nos vos perdades o seguinte video!

 

Mércores Febreiro 01, 2023
Start: 01/02/2023 09:09

Hoxe desfrutamos do Día da Paz baixo o lema “bocado a bocado, comparte con quen tes o lado”.

Fixemos unha gran merenda na que puidemos gozar da compañía das outras compañeiras e compañeiros do cole, compartindo a nosa comida. Desta forma, puxemos en práctica actos como o establecemento das relacións sociais, a compartición, a unión, a diversidade culinaria, o respecto…

         

        

Non puidemos comer unha mellor merenda e desfrutar máis do Día da Paz no cole Angorén!!

                                                              

Venres Febreiro 03, 2023
Start: 03/02/2023 09:32

Two two day!!

Festexando o 2 do 2 compartindo xogos matemáticos mesturados con sorrisos, tutús, zapatillas desparelladas

ou camisetas por duplicado... un día moi divertido no que aprendimos moitas cousas novas!!

Venres Febreiro 10, 2023
Start: 10/02/2023 08:23

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de febreiro. Podedes descargar todos nos adxuntos

desta entrada.

Bo proveito!

Mércores Febreiro 15, 2023
Start: 15/02/2023 13:13

Hoxe celebramos o Día Internacional da Radio traballando na biblio, preparando e recitando o poema Caldo de gloria, de Rosalía de Castro.


O alumnado estivo moi implicado na xornada e desexando escoitar o podcast final que xa está preparado. Queredes saber cal foi o resultado? Só tendes que prestar atención!Podedes escoitar o noso podcast no seguinte video:


Tamen temos video do "making of"...mirade!!

Distribuir contido


by Dr. Radut