Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xullo 4, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
4
5
Start: 05/07/2022 12:00

Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.

 

O xoves, 7 de xullo (de 9:30 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro.

 

* Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo.

6
7
Start: 07/07/2022 10:26

Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo dende o 19 de maio ata o 30 de setembro.

Para máis información podedes consultar o archivo anexo a esta publicación ou o seguinte enlace web  

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dg

Start: 07/07/2022 10:33

Dentro do proxecto de Galicia Máxica, tamén temos moita variedade de música galega. Hoxe visitáronnos 3 membros da Escola de música de Chapela para contarnos un pouquiño máis sobre algúns instrumentos tradicionais galegos e achegarnos máis de cerca a música tradicional.

Por último rematábamos bailando e cantando a canción de Samuel Soto das letras galegas sobre Florencio Delgado Gurriarán.

BRAVO!! Todo un pracer tervos con nós. Grazas!! Risa

 

Start: 07/07/2022 10:48

Hoxe no cole tivemos a fantástica actividade de Normalización lingüística de Redondela, "Camiño da lingua " na que o alumnado de 5º e 6º de primaria aprenderon da lingua e cultura de Galicia Máxica.

Moitas grazas Concello de Redondela por facernos partícipes desta fantástica actividade

 

 

Start: 07/07/2022 10:56

E ti que sabes da Coca?

Durante todo o curso estivemos inmersos en Galicia Máxica...e no mes de xuño, aproveitando as festas do Concello de Redondela,

traballamos e investigamos sobre a "Festa da Coca", achegándonos a cultura e tradición da nosa contorna próxima

 

 

O alumnado de todo o cole aprendeu moitas cousas interesantes que puideron vivenciar máis de cerca desfrutando das festas

patronais de Redondela a mediados de xuño.

Start: 07/07/2022 11:07

Cerramos unha etapa e con ela queremos plasmar un pouquiño do vivido estos anos en grupo.

As titoras desexámosvos o mellor no voso camiño. Desfrutade moito!!!

 

 2019/2022 

Os cangrexos - Equipo vacinas - Equipo carcamáns

 

 2020/2022 

Máis que ósos Os malegos

 

 

Start: 07/07/2022 11:55

Polo Día Mundial do Medio Ambiente quisemos facervos partícipes de todo o que traballamos no cole durante esa semana para facer da nosa "Galicia Máxica"

unha Galicia máis verde e sostible.

Por eso cada clase do cole elixiu unha temática para profundizar nas distintas necesidades e compartilo con todos vós para poder coidar a nosa terra.

TOMADE NOTAGuiño


A continuación tedes os enlaces de twitter para poder ver os vídeos elaborados polas titorías:

 

4º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535307427272437761

5º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535224916215271426

6º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535206071983382529

1º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535268605016915971

2º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1536791184525377536

3º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535244283279712257

4º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535279309912518656

5º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535205025772879873

6º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535196559805140993

 

 

Start: 07/07/2022 12:15

Partindo do "Itinerario Lector" da Biblioteca Caracola Tola 

o alumnado de infantil preparou un teatrillo dos "Chibos Chibóns" para os seus compañeiros e compañeiras do 1º ciclo de primaria.

Estaban algo nerviosos/as pola posta a punto en público pero o resultado foi espectacular.

   Moi bo traballo infantil!!!!   

Start: 07/07/2022 12:32

Na biblio da Caracola Tola   non nos esquecemos do Día do Cómic.

Cada titoría elaborou a súa propia creación!

Agora temos un espazo na nosa biblio adicado aos cómics, con curiosidades, moitos exemplares e unha exposición das produccións do alumando, a aproveitalo!!!

 

  

Start: 07/07/2022 12:54

Durante o curso 2021/2022 o alumnado de infantil aproveitou o préstamo da Biblioteca Caracola Tola para cubrir o seu pasaporte lector.

Cada semana escollían o conto que querían e anotaban o título e data.

   

    

Á volta do fin de semana contábannos se lles gustou o non, que pasaba na historia, as personaxes... Cun debuxo como apoio visual

que se foron colocando na clase ou gardando como libro.

  

 

 

 

8
9
10
Distribuir contido


by Dr. Radut