Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 18, 2022
Start: 18/05/2022 10:32

O luns, 15 de maio celebramos o " XXVI Maratón das Letras Galegas "

Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que seguimos sen poder desfrutar dunha xornada de convivencia co resto

dos centros de Chapela.

Preparamos o percorrido dentro do centro para que cada curso puidese demostrar que a pesar do covid, seguimos estando

en forma.

 

Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida. Por quendas, dende

os máis pequenos do cole ata o profesorado e familias amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!!

   

  

 

 

Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar!! Gracias!!

 

Start: 18/05/2022 10:48

O pasado 12 de maio, o alumnado de 5º de primaria realizou unha saída á Biblioteca Municipal de Chapela Xela Arias onde nos

esperaba María José cunha actividade moi especial na que o alumnado aprendeu lendas, festas, ditos populares e curiosidades sobre

mitoloxía de Galicia 

 

Despois non podíamos irnos sen aproveitar os raios de sol e o parque que tíñamos ó lado!! 


Como nos gusta aproveitar os recursos que ofrece a nosa localidade!! 

Xoves Maio 19, 2022
Start: 19/05/2022 09:12

 

Xa está publicado no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2022-2023.

 

O alumnado que pode solicitar estas axudas é:

- 1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material.

- 3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.

 

* Presentación de solicitudes: ata o 22/06/2022

 

Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:

 

 

2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:

 

 

Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES

Para máis información sobre a Chave 365:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).

 

4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"

 

5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

 

 

6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.

 

 

7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.

 

Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade...

O horario de presentación no centro será os luns e mércores de 9:00-9:30, os martes de 16:00-18:00 ou os xoves e venres de 13:00-13:30.

No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.

 

A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2020.

 

Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.

Start: 19/05/2022 13:12

Este ano achegámonos a figura de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, homenaxeado nas Letras Galegas. 

Cada titoría realizou diferentes traballos para poder expoñelos e amosarlle as familas canto aprendimos sobre este autor. O alumnado

realizou caricaturas, ilustraron poemas, crearon unha biblioteca cas súas obras máis coñecidas, mapas mentáis da súa vida e obra...

Queremos compartir todo este traballo ca nosa localidade, por iso, o alumnado de 6º colocará en diferentes sitios de Chapela os

distintos murais que podedes ver a continuación:

   

  

Xa sabedes, toca dar un pase pola zona a ver se os atopades todos!!

FELICES LETRAS GALEGAS 2022!!

 

Venres Maio 20, 2022
Start: 20/05/2022 11:29

MAIO: MES DE FLORES, DE COPLAS E DE TRADICIÓNS

 

A mañá comezou cunha sorpresa que o Beretiño deixara en todas as titorías: unha xesta e unha carta explicando o uso deste amuleto de protección.

 

src="/centros/ceipalexandreboveda/system/files/u2/FR6fkWUXoAI7BOz.jpg" alt="" width="344" height="343">

Xa dende ben cedo, baixamos á pista, onde os profes organizaran obradoiros para a elaboración conxunta do maio. Fíxonos moita ilusión!!  

  

 

Despois dunha mañá de traballo velaquí o resultado. Parabéns a toda a comunidade educativa por facelo posible. Agora toca ir afinando as gorxas para mañá!!!

 

Mércores Maio 25, 2022
Start: 25/05/2022 13:09

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2022, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.

O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 24 de maio ata o día 3 de xuño. O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres e, tanto o horario coma os meses nos que se levará a cabo o programa, estarán suxeitos á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria pola COVID-19, pudendo sufrir variacións.

Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios

Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.

 

Martes Maio 31, 2022
Start: 31/05/2022 18:07

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio.

Bo proveito!

Mércores Xuño 01, 2022
Start: 01/06/2022 11:31

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivemos inmersos na lectura do libro "O mundo máxico de Lía" e hoxe visitounos Eduardo

Santiago, o autordo  libro publicado por Xerais

Foi un pracer coñecelo en persoa e manter unha interesante conversa con el na nosa biblioteca da Caracola Tola.

Se pinchas na imaxe podes ver un pequeno video de resumo:

Venres Xuño 03, 2022
Start: 03/06/2022 13:27

Hoxe no Dia Mundial da Bicicleta no cole quixemos concienciar ao alumnado da importancia do uso de este medio de transporte

sosteñible, san e divertido. Para iso, primeiro tivemos unha charla moi interesante sobre seguridade vial cando vamos na bici e

rematamos cun fantástico circuíto organizado polo club de ciclismo de Teis e o cal puidemos realizar cas nosas propias bicis!!

 

Mércores Xuño 08, 2022
Start: 08/06/2022 11:58

 

Hoxe, aproveitando que o domingo foi o dia mundial do medio ambiente, a clase dos trasnos de 1° e a clase do arco dos urcos de 2° fumos

de excursión a Naturnova, que é un Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo. Alí puidemos coñecer curiosidades do Universo, o

noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.

 

 


Unha xornada diferente na que o pasamos xenial e aprendemos moitas cousas novas!!

 

Xoves Xuño 09, 2022
Start: 09/06/2022 11:14

O alumnado de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos unha charla sobre o patrimonio etnográfico da contorna e a importancia de coidala, coñecendo así muíños de Chapela e experimentando cun muíño de man de pedra entendendo mellor o proceso, traballo e tempo necesario para obter a fariña.

    

Tras a charla do outro día, Álvaro guiounos pola nosa contorna para descubrir fantásticas zonas que temos ao redor do cole. Aprendemos moito sobre árbores, plantas e muíños

 Foi unha sorte poder coñecer un pouco máis da nosa Galicia Máxica  en Chapela

   

Martes Xuño 14, 2022
Start: 14/06/2022 17:33

O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2022/2023 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013.

Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos.

Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut