Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Septembro 30, 2021
Start: 30/09/2021 13:58

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de outubro.

Bo proveito!

Venres Outubro 01, 2021

A continuación podedes consultar o horario do equipo directivo para poder contactar.

 

 

HORAS DE ATENCIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

VENRES

 

 

8:45 – 9:35

 

DIRECCIÓN

 

 

 

 

DIRECCIÓN

 

 

DIRECCIÓN

 

 

DIRECCIÓN

 

 

9:35 10:20

 

 

 

 

 

 

10:20 11:05

 

 

 

 

SECRETARÍA

SECRETARÍA

 

SECRETARÍA

DIRECCIÓN

RECREO – HORA DE LER

11:05 – 12:05

 

12:05 12:55

 

 

 

 

 

 

12:55 13:45

 

DIRECCIÓN

 

SECRETARÍA

 

DIRECCIÓN

DIRECCIÓN

DIRECCIÓN

SECRETARÍA

 

SECRETARÍA

 

SECRETARÍA

 

SECRETARÍA

 

Mércores Outubro 06, 2021
Start: 06/10/2021 13:23

E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "Galicia Máxica"

 

 

 

 

 

Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nas estrelas da imaxe. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa maxia de Galicia, primando a parte práctica para afianzar os contidos.

Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguen quere participar non dubide en contactar con nós!

A por un curso máxico todxs xuntxs!!

 

Start: 06/10/2021 20:51

Comezamos un novo curso e con él, un novo proxecto cheo de maxia!!

No mes de setembro cada aula estivo a decorar o seu pote máxico no que mesturaron toda a ilusión e gañas coa que emprendemos esta nova aventura!! 

Botáronlle imaxinación e creatividade...e velaquí que potes máis fermosos decoran os corredores do noso cole...

         

Que nos deparará o seguinte mes? 

Luns Outubro 18, 2021
Start: 18/10/2021 11:09

Xa está de volta a iniciativa de Amazon "Un clic para el cole".

O curso pasado conseguimos para o cole, grazas á vosa participación, unha tablet, un xogo e material funxible. 

A ver que tal este curso!!

 

Domingo Outubro 24, 2021
Start: 24/10/2021 11:29

Como este ano o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coincide con domingo, no cole decidimos celebralo uns días antes. 

Neste curso, cunha especial ilusión, celebramos o Día das Bibliotecas con dúas propostas.

Seguindo o noso proxecto de centro Galicia Máxica, o alumnado de todo o cole visualizou a película "O bosque animado".  Desta forma, aínda que cumplindo o protocolo COVID, a biblioteca A Caracola Tola volve a cobrar vida gracias á presencia dos nenos e nenas.

Por outra banda, quixemos implicar ó alumando de forma directa na decoración da biblio, xa que é un espazo para todo o cole do que todas e todos somos partícipes. 

Cada clase escolleu un conto e o representou nun lienzo empregando diferentes técnicas. O resultado... moita ilusión de todos os nenos e nenas ao poder colaborar coa biblio, e por suposto, unhas composicións preciosas. 

Esta foi unha ocasión que nos permitiu, a través da maxia e a fantasía, recordar que na nosa biblio teñen cabida diferentes linguaxes.

Deixámosvos a continuación o resultado!! 

 
 
   
Martes Outubro 26, 2021
Start: 26/10/2021 10:45

Con motivo do próximo Samain desde Calidus queremos celebralo coas nenas e nenos dos nosos comedores cun menú temático.

Por iso enviámosvos o cartel do día  29 de outubro, para que poidades trasladar a información tanto ás nais e pais como ás nenas e nenos.

O menú consta de:

- Crema de calacú con arácnidos ( fideos de chocolate)

- Pizza  tenebrosa de  sanmain

- Biscoito de teas de araña.


Esperamos que gocen do menú tanto como nós elaborándoo.


*Aproveitamos a ocasión para informarlles que hoxe martes 26 de outubro cambiamos a sobremesa establecida no menú mensual ( froita) por natillas de chocolate.

Venres Outubro 29, 2021
Start: 29/10/2021 08:08

Aquí deixámosvos o menú de novembro.

Bo proveito!

Distribuir contido


by Dr. Radut