Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xuño 18, 2021
Start: 18/06/2021 11:49

E co curso a piques de rematar....temos lista unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2021".

Despois de todo o curso traballando no proxecto de SAÚDE aquí tedes unha pequena mostra de diferentes actividades que fixeron o noso alumnado.

Esperemos que pasedes un bo rato lendo a revista e vos guste tanto como a nós!!

https://issuu.com/angoren/docs/revista_folerpas_xuntada

A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un... Bo verán!!

  

Luns Xuño 21, 2021
Start: 21/06/2021 10:54

Durante o terceiro trimestre  fomentamos a actividade física, movemento e hábitos saudables a través de diferentes retos.

Desexábamos con gañas que chegase o venres para ver eses vídeos marabillosos cás familias e descubrir o novo reto da seguinte semana!!

GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

Como broche final, non queremos despedirnos sen ensinarvos o resultado final dunha coreografía conxunta do alumnado do colexio.

Desfrutade do verán e...A SEGUIR MOVENDO O ESQUELETO ASÍ DE BEN!!

 
Martes Xuño 22, 2021
Start: 22/06/2021 10:50

Que mellor para pasar un rato agradable no verán que unha boa recomendación lectora!

Así son as recomendacións lectoras dos libros que che fai a Biblioteca Caracola Tola para este ano...

A Biblioteca Caracola Tola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanvos un verán cheo de historias e cousas boas!

Start: 22/06/2021 13:24

Para rematar este mes de xuño co proxecto de "Saúde" traballamos a seguridade vial.

O pasado xoves, 17 de xuño, tivemos a sorte de contar ca policía local de Redondela e a Garda Civil.

Nunha primeira parte da actividade, estivemos moi atentos ao que nos contaban acerca dos perigos e das normas que debemos seguir cando camiñamos pola nosa localidade. A través duns vídeos, aprendemos a importancia de coñecer os sinais, respectar ao resto de peóns, ter coidado ao cruzar a rúa...

Despois, chegaba a parte que estábamos desexando...poder ver e subir nos seus coches e descubriri como son por dentro e todo o que levan!!

Aínda con mal tempo...PASÁMOLO XENIAL!!

  

   

  

Mércores Xuño 23, 2021
Start: 23/06/2021 11:52

Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021/2022:

 

Publicación das listaxes provisionais: xoves 1 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: luns 5 de xullo

 

Recollida de vales (libros de texto e material): mércores 7 de xullo (9:00-14:00)

*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.

 

Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.

 

Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Luns Xuño 28, 2021
Start: 28/06/2021 11:55

Deixamos a listaxe de libros de texto de primaria para o vindeiro curso.

 

 

 

 

 

 

Xoves Xullo 01, 2021
Start: 01/07/2021 13:30

Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar. 

O día 5 de xullo publicaremos as listaxes definitivas e o mércores 7 (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. 

Calqueira dúbida, contactade co colexio. 

Luns Xullo 05, 2021
Start: 05/07/2021 09:37

Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.

O mércores 7 de xullo (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro. 

Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut