Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 08, 2021
Start: 08/01/2021 09:07

Aqui vos deixamos o menú do comedor do mes de xaneiro. Bo proveito!!

Start: 08/01/2021 09:11

Durante o primeiro trimestre traballamos dentro do noso proxecto de Saúde! a nutrición e alimentación.

Aproveitando o patrimonio gastronómico que temos en Galicia O Betetiño propúxonos un reto:

"As receitas da avoa e o avó".

O noso alumnado, mans a obra, convertíronse en expertos cociñeiros  e cociñeiras e....aquí tendes o resultado!! Un fantástico libro de receitas tradicionaidas!!

Pinchade no seguinte enlace para poder ver con que delicias vos deleitan o alumnado de Angoren!!

Animámosvos a que fagades algunha! Bo proveito!

https://es.calameo.com/read/0001244370d0413470a45

 

Mércores Xaneiro 13, 2021
Start: 13/01/2021 11:01

       

Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2021-2022 para o alumnado de 6º de Primaria  que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA.

 

       Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear.

    

 

Deixamos adxunto a solicitude de reserva nesta entrada.

 

 

Xoves Xaneiro 14, 2021
Start: 14/01/2021 10:59

 

Deixámosvos diferentes autorizacións que podedes descargar para entregar no colexio en caso de que sexa necesario. Lembrade sempre de escribir a data e firmala.

 

- Autorización recollida horario escolar: podedes traela cuberta para recoller ao alumno/a durante a xornada lectiva.

- Autorización imaxe.

- Autorización saídas pedagóxicas: consentimento para realizar as saídas pedagóxicas na localidade.

- Autorización recollida: personas autorizadas para recoller ao alumnado na saída do centro.

- Autorización para que o alumnado de 5º e 6º poidan saír sos polas tardes

 

 

Martes Xaneiro 19, 2021
Start: 19/01/2021 18:38

 

Familias!!! Xa estamos aquí!!!

 

Un ano máis comezamos as xornadas de portas abertas.

Podedes vir a coñecernos, pero este ano dun xeito diferente debido a situación que estamos a vivir.

Tendes que pedir unha cita a través do noso teléfono: 886120405 ou no enderezo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

 

Animámosvos a ver as nosas instalacións, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.

 

Podedes mergullarvos nesta páxina web ou no twitter do cole: https://twitter.com/AngorenCole

 

    

Mércores Xaneiro 20, 2021
Start: 20/01/2021 09:22

"Nunca choveo que non escampara"

Nenos e nenas, xa chegou un novo reto do Beretiño!!

Animámosvos, coa axuda das vosas familias, a investigar no REFRANEIRO POPULAR buscando expresións relacionadas coa superación de obstáculos e dificultades da vida.

Pinchade na seguinte imaxe para ver a explicación do Beretiño.

ANÍMATE A PARTICIPAR!! Tedes de data límite ata 22 de marzo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut