SUSPENSIÓN DAS CLASES

Esta tarde a Consellería de Educación publicou na súa páxina web as Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020(Pulsade no texto para acceder ao texto publicado).

 

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade achegan a seguinte información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese. Para acceder á información pinchade aquí

 

Prezadas familias,

Como é sabido, hoxe o presidente da Xunta de Galicia comunicou o peche dos centros educativos dende o luns 16 de marzo ata o domingo 29 de marzo.

Do mesmo xeito recomendou encarecidamente que mañá, na medida do posible que non se enviaran os alumnos e as alumnas ao colexio.

 

No momento en que se nos transmita calquera outra información, comunicarémola a través da páxina web e abalarMóbil.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

 

O Equipo Directivo

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020

    Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller fixemos diversas actividades.

 

   Como ben sabedes estamos traballando dende comezo de curso sobre o proxecto de “As Olimpiadas de A Cristina”, polo tanto a nosa labor durante o mesmo é ir investigando e coñecendo un pouco máis sobre os distintos deportes. Nesta ocasión, e para conmemorar un día como este, investigamos varias deportistas galegas (podedes ver unha mostra destas investigacións no blog da biblioteca: http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/).

 

    Ademais disto, e como actividade final desta conmemoración, hoxe o alumnado de Educación Primaria e os diferentes mestres/as tivemos a gran sorte de contar coa visita dunha destas deportistas investigadas e que ademais vive moi preto de Carballo, concretamente en Ordes, trátase de Natalia Raña.

    Puidemos coñecer máis de preto a súa traxectoria como deportista dende ben pequena, e como pouco a pouco foi obtendo grandes resultados, sen irnos moi lonxe un recente premio como o de “Campioa de España de Ciclocross”. Tamén, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades que tiñan en relación aos deportes que practicaba, a dureza das probas, o material e vestimenta empregada, entre outros aspectos. Sen dúbida foi unha visita realmente interesante, onde Natalia lles recordaba constantemente ao alumnado a importancia que ten facer deporte polo simple feito de divertirse...e, que non importa se somos homes ou mulleres, que o realmente importante é loitar polo que a un lle gusta.

 

    Aquí vos deixamos unha mostra da visita. Pinchade na imaxe.

 

 

Moitas grazas Natalia pola túa visita, foi realmente interesante coñecer da túa man aspectos sobre o deporte, e como ben nos recalcaches “DISFRUTADE SEMPRE QUE PRACTIQUEDES ALGÚN DEPORTE”.

PDC. SOBRESAÍNTE PAPEL DA CRISTINA NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
 
Os doce atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito do polígono industrial de Carballo ,tiveron unha sobresaínte actuación.


A nivel individual os resultados foron os seguintes:

  • Hugo García ( Campión  benxamín masculino) 
  • Tirso Ramos( Subcampión alevín masculino)
Tamén destacar o subcampionato do equipo benxamín masculino formado por: Hugo, Nico, Román, Abel, Adrián  e Rodrigo ; e o quinto posto do equipo alevín masculino integrado por: Tirso, Ángel ,Leo, Issei, Manuel  e Izan.

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por novena vez consecutiva no Campionato Provincial.
 
Máis información en: " Disfrutamos movéndonos"
 
 

PDC.PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Carballo acolle este venres 6 de marzo o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo. Un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia daranse cita na zona verde do polígono de Bértoa para empezar a competir ás 11.30 horas. Entre eles e elas estarán 19 escolares do noso concello( 12 do Ceip. A Cristina), que hoxe tiveron a oportunidade de reunirse co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, nun acto que contou tamén coa presenza de Roberto García en representación da Secretaría Xeral para o Deporte.
O encontro celebrouse pola mañá no Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron os alumnos e alumnas dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo que conseguiron clasificarse para esta final provincial. Xunto a eles estiveron profesores e familias, para as que tamén foi o recoñecemento das autoridades.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro luns, 9 de marzo ás 16:15 horas, levaremos a cabo unha xornada de portas abertas para, ademais de resolver dúbidas sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021, faremos unha visita polas instalacións do centro para dárvolo a coñecer.

 

 

PDC. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

 
 
Hugo, Nico, Román, Abel, Adrián, Rodrigo, Tirso, Ángel, Leo, Issei, Manuel e Izan alumnos de 2º,3º,4º e 5º  de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este venres no circuito permanente do polígono industrial de Carballo
 
Todos chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
 
Moita sorte campións!!!

24 DE FEBREIRO --DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Achegámonos un ano máis ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da nosa cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Para iso, o alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varios  poemas reivindicativos de dita escritora. Con eles Rosalía trataba o tema da emigración por aquel entón, algo que todavía se segue vivindo hoxe en día....

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos cursos, entre os cales se repartiron unha serie de poemas como por exemplo: "Airiños, airiños aires...", "Tecín sóia a miña tea", "Adiós ríos, adiós fontes", "Para a Habana", entre outros; ademais dunhas imaxes representativas sobre a emigración, para elaborar un mural.

 

    Ademais diso, o alumnado recitou cada un dos poemas, poden ver unha mostra pinchando na seguinte imaxe. Esperamos que desfrutedes moitos con estes grandes artistas:

 

 

 

    Sen máis, agradecer a estes cativos e a todos os mestres o seu traballo realizado.   

 

                FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!!!

    

 

 

PDC. O CEIP A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 
O equipo benxamín masculino de campo a través formado por Hugo García, Nicolás Lema, Román Rama, Rodrigo Rama, Abel Antelo, Gael Romero, Adrián Bustelo e Nicolás Pose, proclamouse por segunda vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.
 
A este campionato hai que unir a medalla de prata de Hugo García e o quinto posto de Tirso Ramos  nas categorías benxamín e alevín masculino.
 
Tamén hai que destacar  o 4º posto ( 2º posto dos centros educativos) do equipo alevín masculino.
 
O resto dos nosos/as atletas estiveron a un gran nivel, deixando todos/as unha boa imaxe.

Con estos resultados,  o noso centro estará presente por noveno ano consecutivo  no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o  venres 6  de Marzo en Carballo.
 
Máis información en: "Disfrutamos movéndonos"
 
 
 

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 

O próximo sábado 18 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán trinta e catro  alumnos/as do noso centro.

Podes consultar toda a información en " Disfrutamos movéndonos".

CARREIRA SAN SILVESTRE 2019

    Este ano, dende o CEIP Plurilingüe A Cristina quixemos facer unha actividade solidaria para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.

    Por iso, pedimos que durante toda esta semana cada un de nós aportase o seu grao de arena e trouxese alimentos e produtos de hixiene. A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.

   Ademais desta recollida, no día de hoxe tivo lugar a nosa “Carreira solidaria”, na que cada curso facía un pequeno circuíto (con elementos do nadal a modo de decoración), simbolizando dalgún xeito a tradicional “CARREIRA DE SAN SILVESTRE” que se celebra o 31 de decembro en moitos lugares. Deixámosvos no seguinte vídeo unha mostra:

 

   Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

     BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!!

NADAL 2019

 

    Como ben sabedes, estamos achegándonos a unha das festividades máis agardadas polos nenos e nenas...é dicir, o NADAL, época de moita ilusión entre os nosos peques. Por iso, e dende o noso centro, temos preparadas para esta semana que comeza unha serie de actividades, entre as que destacamos:

  • Festival de Panxoliñas” en galego, no cal participa todo o alumnado coa axuda da mestra de música (Nerea).
  • Karaoke de Panxoliñas” na biblioteca durante os recreos. Podedes ver todas as seleccionadas no blog da biblioteca “O recuncho de Nuno”. Non te quedes sen participar!!!
  • Visita dos REIS MAGOS dende Oriente, o venres 20 de decembro. Para esta última actividade os alumnos levarán a súa carta, a cal fomos elaborando os días previos. Destacar que dende o EDLG elaboramos unha diferente para cada ciclo, deixámosvos unha mostra da que fixemos para o 2º ciclo:

    Ademais de todo o anterior, comentarvos que dende as aulas o alumnado está traballando unha figura característica desta época, que ademais é moi singular da nosa cultura galega, como é o “Apalpador”. Deixámosvos varios enlaces para poder divertirvos investigando e coñecendo máis sobre el:

 

 

 


 

 
 
 
 
OS MESTRES/AS DA CRISTINA DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!
 
 
 
 
 
 
 

RECÍCLATE CON SOGAMA

O mércores 11 de decembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria puideron participar no programa de educación ambiental ofertado por Sogama na biblioteca do centro que ten por lema “Corta polo san! Reduce residuos” onde recibiron consellos e recomendacións básicas para reducir a produción de lixo en orixe.

 
 
Aproveitamos para recordar que este curso o centro conta cun pequeno horto escolar e Sogama colaborou con nós dándonos un composteiro. Para aproveitalo durante os recreos debemos levar os restos orgánicos das nosas merendas ás papeleiras correspondentes nos patios, xa que logo son levados ao composteiro.
Deste xeito podemos obter un fertilizante de alta calidade para empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe de residuos orgánicos.

CONTACONTO SOBRE A DISCRIMINACIÓN E OUTRAS FORMAS DE INTOLERANCIA

Hoxe o alumnado de 2º e 3º de educación primaria tiveron a sorte de asistir na biblioteca do cole a un contacontos que consistiu nunha actuación teatro-musical que invitou aos nenos e nenas a reflexionar sobre a discriminación e outras formas conexas de intolerancia, ofrecido pola Deputación de A Coruña e o concello da Coruña, da man da ONG Viraventos.
 
Este foi un contacontos que non pasou desapercibido, moi diferente aos que estamos acostumados e deixou en todos e todas nós uns sentimentos especiais: a empatía, o rexeitamento ás inxustizas e a necesidade de non xulgar sen coñecer.
 
Esta historia que nos contaron chegou ata nós como se a vivíramos en primeira persoa dado que moitas veces nós tamén xulgamos e somos xulgados sen ningún tipo de criterio e sen percatarnos do dano que podemos facerlle aos demais.
 
Unha vez máis caemos na conta de que non importa a nosa altura, as nosas características, a nosa cor de pelo ou de pel, o único que importa é o que hai dentro de nós e o que facemos polos demais.

 

" As diferenzas suman, se non o entendes restas!"


Moitas grazas a todos os membros da ONG Viraventos e á Deputación e ao concello da Coruña.

Compartimos con vós unha pequena mostra do acontecido así como dalgunhas imaxes do día  no blog da biblioteca do noso colexio.

 

DÍA DO REFERENDO

Un chuvioso 6 de decembro de 1978, vintecinco millóns de españois foron chamados ás urnas para ratificar co seu voto o proxecto de Constitución española.
Os cidadáns participaron masivamente no referendo e dende ese ano, todos os españois e españolas, celebramos esta importante data para a nosa sociedade cada 6 de decembro.

Ese día, ás nove da mañá constituíronse os máis de corenta mil colexios electorais nun día histórico. Por primeira vez, máis de dous millóns e medio de mozos e mozas exercerían o seu dereito ao voto. Ante as urnas, os cidadáns tiñan que responder cun si, non ou abstención á pregunta "Aproba o proxecto de Constitución?".


Hoxe, un frío pero soleado 4 de decembro para conmemorar o día da constitución española, as nosas alumnas e alumnos de 3º ciclo de educación primaria participaron no seu primeiro referendo e exerceron, por primeira vez, o seu dereito a voto coa pregunta:

Queredes que os venres teñades recreo libre polas distintas zonas??

Grazas a esta iniciativa das titoras de 5º e 6º de EP, o alumnado puido vivir en primeira persoa o significado do sufraxio, referendo, vocais,  mesa electoral, escrutinio... e agardamos que den boa conta do seu dereito cando chegue o seu momento. 

Aquí compartimos unha imaxe do evento e a acta do escrutiño. Para ver máis invitámosvos a que visitedes o blog da nosa biblioteca:

          

TODOS E TODAS DISTINTAS, TODOS E TODAS IGUAIS... pero... TODOS E TODAS IMPORTANTES, TODOS E TODAS ESPECIAIS.

Éste é o lema que levamos por bandeira no noso centro pola conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade.

Nas aulas de educación primaria tamén, dentro do noso proxecto de centro, os alumnos e alumnas realizaron unha investigación sobre distintos personaxes do mundo do deporte que seguro que nalgún momento tiveron que escoitar iso de "Tí non podes" e demostraron que con esforzo, traballo e constancia todos e todas podemos alcanzar os nosos soños.

Estos son os deportistas paralímpicos que investigaron e coñeceron:

Para ver con detalle a investigación, coñecer que actividades levaron a cabo o alumnado de educación infantil e as organizadas pola nosa bilioteca escolar, invitámosvos a visitar o seu blog.

Distribuir contido