Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2019/2020.

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2019/2020.

ORDE do 3 de maio de 2019 (DOG 20 de maio de 2019)

  • AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.

  • FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e  4º de Educación Primaria.

  • AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €. A axuda será de 50 €.   

 

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:   

Do 21 de maio ao 21 de xuño

 

 MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1. Preferiblemente de forma ELECTRÓNICA na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, incluindo o sistema de usuario e a Chave 365.

2. Opcionalmente na secretaría do centro ou en rexistros establecidos.

 

DOCUMENTACIÓN (Cando se autorice a consulta telemática)

  • Impreso de solicitude ED330B xunto co ANEXO II.

  • Fotocopia do libro de familia ou Sentenza de separación/Certificado de Convivencia/ Certificado de defunción.

(Situación real a 31 de decembro de 2017)

E de ser o caso:

- Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)

- Documentación xustificativa de violencia de xénero.

 

PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO:

Datas límites:

  • LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 11 de xullo 2019

  • LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 19 de xullo 2019

Listaxe definitiva de alumnado admitido curso 2019/20

Na seguinte ligazón pode consultar o listado definitivo de alumnado admitido no centro para o vindeiro curo 2019/20.

Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2019/20

Na seguinte ligazón pode consultar o listado provisional de alumnado admitido no centro para o vindeiro curo 2019/20.

Vacantes alumnado curso 2019/20

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para o próximo curso escolar 2019/20.

 

Prema AQUÍ para consultar a normativa que regula o procedemento de admisión do alumnado.

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2019/20

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2019/20. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) ( (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)

3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

NOTA INFORMATIVA:

  • Só se poderá presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fora así, perderanse os dereitos de prioridade.
  • Se hai alumnado matriculado neste centro que presente solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
  • O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro centro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
  • ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda. Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oesta.
  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

Calendario admisión alumnado curso 2019/2020

Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión do alumnado.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019/20. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2019/20.

O formulario normalizado (ED55OA) será facilitado polo centro e deberá entregarse ao titor/a ou na secretaría do CEIP A Carballeira antes do xoves 15 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a.
  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Elección de membros do Consello Escolar

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 08/10/2018) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros de ensino non universitario. Procederase nos meses de novembro e decembro á renovación parcial  ( Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 26 e 30 de novembro, ambos os  dous incluídos.

A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 25 de setembro entre os días 5 e 8 de novembro de 2018.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro día 23 de outubro ás 12:00 horas na Secretaría do Centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar epublicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participen na vida da Escola para desta maneira contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

Comenzo das clases

O vindeiro mércores, 12 de setembro, ás 9:00 horas comenzarán as clases non niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Listaxe DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2018/19 (DOG 21 de maio de 2018)

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas e/ou excluídas do "Fondo solidadrio de libros de texto" curso 2018/19.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930