Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester - Admisión alumnado curso 2021/22

DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no noso centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2021/22.

O formulario normalizado ED550A (galego - castelán) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) no CEIP A Carballeira entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). No taboleiro do centro e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Listado DEFINITIVO de alumnado excluído no procedemento de distribución de máscaras

Publícase no taboleiro interior do centro o listado definitivo de alumnado excluído da distribución de máscaras.

CITA PREVIA no teléfono 886151574.

Publicación da listaxe provisional de excluídos de distribución de máscaras

Publícase no taboleiro interior do centro o listado provisional de alumnado excluído da distribución de máscaras.

As persoas afectadas poderán presentar reclamacións no centro nos dous días hábiles seguintes á publicación.

CITA PREVIA no teléfono 886151574.

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Publicada no DOG (13/11/2020) a Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Presentación de solicitudes:

1. O alumnado que recibiu axuda de material escolar no curso 2020-2021 NON ten que presentar solicitude. As máscaras entregaránselle AUTOMATICAMENTE.

2. deberá participar o alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída, pero haberá que cumprir obrigatoriamente algunha destas condicións:

  • Familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (na declaración do ano 2018)
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo:

O prazo de entrega de solicitudes será do 16 ao 27 de novembro e realizarase presencialmente no centro. Cita previa no teléfono 886151574.

Os anexos I e II-ED33OE estarán disponibles no centro para cubrir e entregar, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Documentación necesaria:

Xunto coa solicitude (anexo I e II) presentarase no centro a seguinte documentación:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

-Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Documentos COVID

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a seguinte documentación:

  • Plan adaptación COVID-19
  • Plan continxencia COVID-19
  • Horarios para o caso de confinamento ou corentena
  • Normas de organización, funcionamento e convivencia co anexo COVID

Día non lectivo

Comunicamos a toda a comunidade educativa, que o vindeiro luns día 2 de novembro, non haberá clase, por ser un dos días elexidos polos centros escolares de Pontevedra como non lectivos.

Notas informativas ANPA

Nos arquivos adxuntos tedes duas notas informativas da ANPA sobre o principio de curso e ficha de socios.

Comenzo curso escolar 2020/2021

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a incorporación do alumnado do centro, producirase de forma gradual:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria. Durante este curso, o alumnado de educación primaria accederá ao centro ás 08:45 horas e o alumnado de Educación Infantil ás 09:00 horas para evitar aglomeracións e contactos.

A saída de Educación Infantil será ás 13:45 horas e a de Educación Primaria ás 14:00 horas polo mesmo motivo.

NOTA INFORMATIVA DA ANPA ANTE O PROTOCOLO COVID-19

No arquivo adxunto, podedes ler a nota informativa coas medidas adoptadas pola FANPA.

Recollida de VALES adquisición LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR curso 2020/21

A entrega de vales para adquisición de Libros de texto e/ou Material Escolar curso 2020/21, organízarase do modo seguinte:

  • 1º, 2º e 3º de Primaria: martes 14 de xullo de 10:00h. a 12:45h.
  • 4º, 5º e 6º de Primaria: mércores 15 de xullo de 10:00h a 12:45h.

Despois do 15 de xullo, precisarase cita previa (teléfonos: 886151572 - 886151573) para a recollida dos vales pendentes de entrega.

 Acuda unha única persoa e con máscara.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930