Dependencias

Aulas

No Colexio veñen funcionando na actualidade unha unidadede Educación Infantil mixta e seis unidades de Educación Primaria.
Tamén temos un aula de Pedagoxía Terapéutica, un aula de Educación musical e un aula de Informática dotada de 12 ordenadores conectados en rede e con conexión a Internet.

As aulas do noso Colexio levan cada unha o nome dun escritor/a galego/a:

• 1º Primaria: M.X. Pintos
• 2º Primaria: Curros
• 3º Primaria: Castelao
• 4º Primaria: Ramón Cabanillas
• 5º primaria: R. Otero Pedrayo
• 6º Primaria: Celso E. Ferreiro
• Ped. Terapéutica: M. Lago
• Informática: Pimentel
• Biblioteca: Rosalía

Folleto informativo

No seguinte arquivo adxunto, podes consultar toda a información do noso colexio:


 Díptico informativo

Museo escolar

No colexio estamos a montar un pequeno museo escolar, relacionado principalmente coa pesca e o marisqueo, actividades das que dependen unha grande parte dos pais e nais dos alumnos e alumnas.
Tódalas pezas do mesmo foron aportadas por alumnos/as, pais, nais e profesores, sendo o encargado do mesmo o profesor Francisco J. Vilar Pérez.
No mesmo podemos atopar desde cunchas de moluscos ata distintas artes de pesca e marisqueo, e ata podemos ver unha grande cuncha de tartaruga mariña.

Instalacións deportivas

O Colexio dispón dun ximnasio, provisto de almacén, vestiarios con duchas e aseos para alumnos e alumnas, vestiario con ducha e aseo para minusválidos e vestiario para o profesor/a de Educación Física.

Dispoñemos dunha bastante boa dotación de material de Educación Física e de Psicomotricidade, e tamén temos tres mesas de tenis de mesa.
No patio está situada unha pista polideportiva para balonmán, baloncesto e voleibol. No recinto dos mais pequenos dispoñemos dun parque infantil que pode ser utilizado nas actividades de psicomotricidade.

Biblioteca

No Centro dispoñemos dunha biblioteca, dotada aproximadamente duns 1500 volúmenes sendo a encargada da mesma a profesora Antía Castro García.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Alumnado

Pais/Nais