Actividades

PETROGLIFOS E ENTROIDO

Aproveitando que este curso  estamos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que  leva por título “As pegadas do pasado”, no que estudaremos a Prehistoria e os petroglifos  (gravados simbólicos en pedra feitos na Prehistoria), pareceunos moi boa idea  que na Festa do Entroido, que celebraremos o 8 de febreiro, veñamos todos disfrazados de homes e mulleres primitivas.

 

Animadevos a disfrazar aos vosos fillos e fillas e por que non?, vós, as familias, tamén podedes sumarvos a esta “festa Primitiva”, na que agardamos disfrutar, coma nos últimos anos, dos  “manjares” destas datas, que con tan boa ,man preparades cos vosos pequenos.

 Agradecemos, desde aquí,  unha vez máis a inestimable colaboración das familias. 

 

“AS PEGADAS DO PASADO”

Este curso escolar, todo  o colexio vai levar a cabo un proxecto  documental integrado que leva por  título As pegadas do pasado”.  Estudaremos os petroglifos, a vida na prehistoria… Visitaremos algún petroglifo, ademais de estudar o noso,  porque xa sabedes que no recinto escolar temos un petroglifo que, agardamos, sexa “restaurado”este curso para poder disfrutar del como testemuña dos nosos antepasados.

 

ENTROIDO NO C.E.I.P. A CARBALLEIRA

O pasado venres, 17 de febreiro, celebrouse como cada ano, con gran éxito de participación a Festa do Entroido.
Todos puidemos disfrutar dos actos preparados para o efecto: desfile de disfraces, xogos, degustación de postres propios destas datas, elaborados coa inestimable colaboración das familias, e como acompañamento preparouse no colexio un chocolate quente que satisfixo todas as expectativas, porque estaba boísimo.
Como se vén facendo nestes derradeiros anos, engalanouse o ximnasio, e previamente confeccionouse un bonito e interesante mural sobre o entroido tradicional en Galicia, e a partires das 12:00 horas comezou a festa.
Houbo moita diversión e grandes desexos de que chegue o vindeiro Entroido.

Desde aquí agradecemos ás familias a súa colaboración, tanto na elaboración dos doces de entroido como no engalanamento dos nenos durante os días previos da semana ao vir ao colexio cos elemento que nos dita o noso entroido, este ano unha pantalla, típica de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.

ALMORZOS SAUDABLES

A vindeira semana desenvolverase no colexio a actividade de Educación para a saúde, Almorzos  Saudables  na  idade  escolar, en colaboración coa Consellería de Sanidade. A actividade ten por finalidade que os rapaces e rapazas coñezan a importancia do almorzo como primeira comida do día e as variedades deles que hai.


 


Faranse 2 tipos de almorzos: almorzo mediterráneo e almorzo mixto.


 


O programa será o seguinte:


 

Entroido 2009

O pasado día 20 de febreiro, celebramos no Colexio a festa do Entroido con: desfile, baile, xogos, degustación de doces típicos desta festa e a tradicional chocolatada.

Xa podedes ver as fotografías desta festa na sección de "Galería".

Fotos Nadal 2008

Xa tedes a vosa disposición as fotografías do festival de Nadal 2008 na sección de "galería" da páxina WEB.

Celebración do Samaín

O vindeiro mércores 29 de outubro, celebraremos a festa do Samaín, polo que rogamos os alumos/as  que poidan, que traian unha cabaza para decorala e expoñela no colexio.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Alumnado

Pais/Nais