ANPA
Notas informativas ANPA
Enviado por admin o Mar, 08/09/2020 - 10:02Nos arquivos adxuntos tedes duas notas informativas da ANPA sobre o principio de curso e ficha de socios.
NOTA INFORMATIVA DA ANPA ANTE O PROTOCOLO COVID-19
Enviado por admin o Xov, 30/07/2020 - 08:49No arquivo adxunto, podedes ler a nota informativa coas medidas adoptadas pola FANPA.
Nota informativa ANPA
Enviado por admin o Ven, 26/06/2020 - 20:40Queridas familias:
Coa intención de axudarvos a repartir os importantes gastos de inicio de curso desde agora e ata o 1 de outubro xa podedes:
1. Pagar a cota de socio/a da ANPA e do seguro escolar voluntario (con cobertura de gafas e próteses durante as actividades organizadas pola ANPA). A ficha de inscrición descárgase na web do Centro na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacarballeira/.
Unha vez realizado o pagamento cómpre que nos enviedes por correo electrónico anpaceipacarballeira@gmail.com o xustificante bancario e a ficha cuberta e asinada (fotografía ou documentos escaneados). Por favor, non esquezades indicar o nome do neno/a no concepto bancario do pago.
2. Comprar o chándal do cole que recomendamos empregar nas saídas escolares é para facilitar a localización dos alumnos nos grupos.
(Máis información na nota adxunta)
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR ESCOLAR E PLAN MADRUGA
Enviado por admin o Dom, 11/09/2016 - 22:00O luns, día 12 de setembro, co inicio da actividade lectiva do curso escolar, comezarán tamén a funcionar os servizos complementarios de COMEDOR e PLAN MADRUGA.
Estes son dous servizos xestionados pola ANPA do colexio e que contan coa axuda do Concello de Pontevedra.
As familias que desexen máis información sobre estes servizos e os que desexen utilizalos e aindan non se inscribirán, poderán facelo nos impresos que se xuntan ou dirixíndose á ANPA ou ben achegándose ao colexio.
PLAN MADRUGA E COMEDOR ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 23/11/2015 - 18:56A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.E.I.P. A CARBALLEIRA de Lourizán no seu desexo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral coa escolar implantou este curso (2015/2016) o servizo do Plan Madruga. Deste xeito, as familias que así o desexen, poderán levar ao colexio aos seus fillos antes do horario escolar, a partir das 07:30 horas e ademais poderán tomar o almorzo, equilibrado, saudable e variado.
Con esta mesma idea a ANPA está traballando para poñer a funcionar un servizo de Comedor Escolar que de seguro poderán contar con el as familias para o vindeiro curso. Mesmo se están facendo os trámites para ver se xa pode comezar a funcionar a mediados deste ano académico.
ANPA
Enviado por admin o Mér, 23/04/2008 - 18:10No Centro existe unha Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas constituida legalmente, cunha organización que se desenvolve a través da Xunta Directiva da que é Presidenta Dª. Julia Moledo Cos.
As súas funcións están recollidas no artigo 105 do Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria (D.O.G. do 21 de outubro de 1996).
PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS DO C.E.I.P. A CARBALLEIRA