Secretaría
Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2021/22
Enviado por admin o Mar, 06/04/2021 - 13:18Comunicamos a todas as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2021/22 que están admitidas todas as solicitudes presentadas.
Asemade, no taboleiro de anuncios do centro (CITA PREVIA) e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar, o listado provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar.
Cita Previa no teléfono 886151574.
Presentación solicitudes admisión novo alumnado curso 2021/22
Enviado por admin o Lun, 22/02/2021 - 14:47DO 1 AO 22 DE MARZO
Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión novo alumnado para o curso 2021/22. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” .
Deben acudir ao centro con CITA PREVIA.
Teléfono 886151574. E-mail: ceip.carballeira@edu.xunta.gal
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia e orixinal para cotexar.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso, e orixinal para cotexar
PRAZO:
- Presentación de solicitudes: DO 1 AO 22 DE MARZO
DATAS LÍMITES:
- Publicación listaxes provisionais: antes do 26 de abril de 2021
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 5 días hábiles á publicación da listaxe provisional
- Publicación listaxes definitivas: antes do 17 de maio
NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.
Vacantes alumnado curso 2021/22
Enviado por admin o Lun, 22/02/2021 - 12:44Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para próximo curso escolar 2021/22.
Normativa admisión alumnado 2021/22
Enviado por admin o Lun, 22/02/2021 - 12:18Normativa relacionada
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester - Admisión alumnado curso 2021/22
Enviado por admin o Ven, 08/01/2021 - 14:21DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no noso centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2021/22.
O formulario normalizado ED550A (galego - castelán) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) no CEIP A Carballeira entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.
- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.
Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.
O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo.
Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). No taboleiro do centro e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.
Publicación da listaxe provisional de excluídos de distribución de máscaras
Enviado por admin o Lun, 30/11/2020 - 14:30Publícase no taboleiro interior do centro o listado provisional de alumnado excluído da distribución de máscaras.
As persoas afectadas poderán presentar reclamacións no centro nos dous días hábiles seguintes á publicación.
CITA PREVIA no teléfono 886151574.
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por admin o Dom, 15/11/2020 - 17:42Publicada no DOG (13/11/2020) a Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
Presentación de solicitudes:
1. O alumnado que recibiu axuda de material escolar no curso 2020-2021 NON ten que presentar solicitude. As máscaras entregaránselle AUTOMATICAMENTE.
2. Só deberá participar o alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída, pero haberá que cumprir obrigatoriamente algunha destas condicións:
- Familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (na declaración do ano 2018)
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
Prazo:
O prazo de entrega de solicitudes será do 16 ao 27 de novembro e realizarase presencialmente no centro. Cita previa no teléfono 886151574.
Os anexos I e II-ED33OE estarán disponibles no centro para cubrir e entregar, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Documentación necesaria:
Xunto coa solicitude (anexo I e II) presentarase no centro a seguinte documentación:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
-Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
Día non lectivo
Enviado por admin o Xov, 29/10/2020 - 11:05Comunicamos a toda a comunidade educativa, que o vindeiro luns día 2 de novembro, non haberá clase, por ser un dos días elexidos polos centros escolares de Pontevedra como non lectivos.
Comenzo curso escolar 2020/2021
Enviado por admin o Lun, 07/09/2020 - 12:35Seguindo as instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a incorporación do alumnado do centro, producirase de forma gradual:
O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria. Durante este curso, o alumnado de educación primaria accederá ao centro ás 08:45 horas e o alumnado de Educación Infantil ás 09:00 horas para evitar aglomeracións e contactos.
A saída de Educación Infantil será ás 13:45 horas e a de Educación Primaria ás 14:00 horas polo mesmo motivo.
Recollida de VALES adquisición LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR curso 2020/21
Enviado por admin o Lun, 13/07/2020 - 11:28A entrega de vales para adquisición de Libros de texto e/ou Material Escolar curso 2020/21, organízarase do modo seguinte:
- 1º, 2º e 3º de Primaria: martes 14 de xullo de 10:00h. a 12:45h.
- 4º, 5º e 6º de Primaria: mércores 15 de xullo de 10:00h a 12:45h.
Despois do 15 de xullo, precisarase cita previa (teléfonos: 886151572 - 886151573) para a recollida dos vales pendentes de entrega.
Acuda unha única persoa e con máscara.
