Secretaría

Comenzo curso escolar 2020/2021

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a incorporación do alumnado do centro, producirase de forma gradual:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria. Durante este curso, o alumnado de educación primaria accederá ao centro ás 08:45 horas e o alumnado de Educación Infantil ás 09:00 horas para evitar aglomeracións e contactos.

A saída de Educación Infantil será ás 13:45 horas e a de Educación Primaria ás 14:00 horas polo mesmo motivo.

Recollida de VALES adquisición LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR curso 2020/21

A entrega de vales para adquisición de Libros de texto e/ou Material Escolar curso 2020/21, organízarase do modo seguinte:

  • 1º, 2º e 3º de Primaria: martes 14 de xullo de 10:00h. a 12:45h.
  • 4º, 5º e 6º de Primaria: mércores 15 de xullo de 10:00h a 12:45h.

Despois do 15 de xullo, precisarase cita previa (teléfonos: 886151572 - 886151573) para a recollida dos vales pendentes de entrega.

 Acuda unha única persoa e con máscara.

Listaxe DEFINITIVA de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2020/21 (DOG 19 de maio de 2020)

No taboleiro interior do centro podedes consultar,  cita previa (886151574),  o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2020/21

Corrección erro listado libros 1º

Por un erro, púxose no listado de libros de 1º curso de E.P. os cadernos de "Matemáticas competenciales" figuran co ISBN correspondente a o caderno do 2º trimestre soamente.

o ISBN correcto para o lote dos tres trimestres,sería: ISBN 9788468256733.

Grazas e perdón polas molestias.

Listado PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2020/21 (DOG 19 de maio de 2020)

No taboleiro interior do centro podedes consultar,  con cita previa (886151574),  o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2020/21

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase o luns 13 de xullo no taboleiro interior unha vez finalizado o prazo de reclamacións.

Formalización matricula novo alumnado curso 2020/21

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matricula do novo alumnado admitido será do 1 ao 10 de xullo.

Deben acudir con CITA PREVIA. Teléfono 886151574

Documentación necesaria:

- Impreso de formalización de matrícula (galego ou castelán)

- Fotocopia libro de familia e orixinal para cotexar

- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria

- Fotocopia do carnet de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar

- Certificado do grao de discapacidade se é o caso, e orixinal para cotexar

- Dúas fotografías tamaño carnet

Materiais funxibles curso 2020/21

Nos arquivos adxuntos, poden consultar as listas de materiais funxibles para o curso 2020/21

Listado de libros de texto e material escolar curso 2020/21

No documento adxunto poden consultar e descargar o listado de libros de texto e material didáctico para o curso 2020/21.

Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2020/21

No taboleiro de anuncios do centro e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar o listado provisional de alumnado admitido para o curso escolar 2020/2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, eduiación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (Código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).

PRAZOS:

- Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

DATAS LÍMITES:

- Publicación listaxes provisionais: ata o 10 de xullo de 2020

- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

- Publicación listaxes definitivas: ata o 20 de xullo de 2020

 

Rógase acudir con cita previa e coas medidas de protección oportunas.(Recoméndase utilizar o proceso telemático)

Nos ficheiros adxuntos, poden ler as instruccións para solicitar as axudas e descargar os anexos da solicitude.

Instruccións fondo libros

Anexos I e II

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031