Secretaría

Vacantes alumnado curso 2020/21

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para próximo curso escolar 2020/21

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2020/21

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2020/21. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

 

NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

Normativa admisión alumnado 2020/21

Normativa relacionada

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Calendario admisión alumnado curso 2020/21

Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión do alumnado.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/21. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 17 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2020/21.

O formulario normalizado ED55OA (castelán - galego) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) na Secretaría do CEIP A Carballeira entre o 1 e o 17 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Comezo de curso 2019/20

Lembrámoslles neste novo curso 2019/20 as clases darán comezo mércores 11 de setembro as 9:00h. Os servizos de comedor e transporte inícianse esa mesmo día.

Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2019/20 (DOG 3 de maio de 2019)

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas e/ou excluídas do "Fondo solidadrio de libros de texto" curso 2019/20.

Listaxe PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2019/20 (DOG 3 de maio de 2019)

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2019/20

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase proximamente no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro unha vez finalizado o prazo de reclamacións.

Libros de texto e material didáctico _ curso 2019/20

No documento adxunto poden descargar o listado de libros de texto e material didáctico para o curso 2019/20.

Formalización matricula novo alumnado curso 2019/20

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matricula do novo alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

- Impreso de formalización de matrícula (galego ou castelán)

- Fotocopia libro de familia e orixinal para cotexar

- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria

- Fotocopia do carnet de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar

- Certificado do grao de discapacidade se é o caso, e orixinal para cotexar

- Dúas fotografías tamaño carnet

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031