ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/21. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 17 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2020/21.

O formulario normalizado ED55OA (castelán - galego) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) na Secretaría do CEIP A Carballeira entre o 1 e o 17 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

AdxuntoTamaño
ED550A-Castellano.pdf961.72 KB
ED550A-Galego.pdf961.14 KB
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031