Secretaría

Listaxe definitiva de alumnado admitido curso 2019/20

Na seguinte ligazón pode consultar o listado definitivo de alumnado admitido no centro para o vindeiro curo 2019/20.

Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2019/20

Na seguinte ligazón pode consultar o listado provisional de alumnado admitido no centro para o vindeiro curo 2019/20.

Vacantes alumnado curso 2019/20

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para o próximo curso escolar 2019/20.

 

Prema AQUÍ para consultar a normativa que regula o procedemento de admisión do alumnado.

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2019/20

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2019/20. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) ( (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)

3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

NOTA INFORMATIVA:

  • Só se poderá presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fora así, perderanse os dereitos de prioridade.
  • Se hai alumnado matriculado neste centro que presente solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
  • O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro centro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
  • ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda. Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oesta.
  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

Calendario admisión alumnado curso 2019/2020

Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión do alumnado.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019/20. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2019/20.

O formulario normalizado (ED55OA) será facilitado polo centro e deberá entregarse ao titor/a ou na secretaría do CEIP A Carballeira antes do xoves 15 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a.
  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Comenzo das clases

O vindeiro mércores, 12 de setembro, ás 9:00 horas comenzarán as clases non niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Listaxe DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2018/19 (DOG 21 de maio de 2018)

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas e/ou excluídas do "Fondo solidadrio de libros de texto" curso 2018/19.

Listaxe PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2018/19 (DOG 21 de maio de 2018)

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2018/19

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro o 12 de xullo de 2018.

Libros de texto curso 2018/19

No documento adxunto poden descargar o listado de libros de texto para o curso 2018/19.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031