ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019/20. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2019/20.

O formulario normalizado (ED55OA) será facilitado polo centro e deberá entregarse ao titor/a ou na secretaría do CEIP A Carballeira antes do xoves 15 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a.
  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930