Presentación solicitudes admisión novo alumnado - curso 2022/23

DO 1 AO 21 DE MARZO

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión novo alumnado para o curso 2022/23. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” .

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:

  1. Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia e orixinal para cotexar.
  2. Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
  3. Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso, e orixinal para cotexar

 

PRAZO:

- Presentación de solicitudes: do 1 ao 21 DE MARZO

 

DATAS LÍMITES:

- Publicación listaxes provisionais: antes do 25 de abril de 2022

- Reclamacións ás listaxes provisionais: 5 días hábiles á publicación da listaxe provisional

- Publicación listaxes definitivas: antes do 15 de maio

- Prazo de formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño alumnado infantil e primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo alumnado de ESO. 

 

NOTA INFORMATIVA

• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.

• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.

• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.

• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).

• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

 

AdxuntoTamaño
ED550B-C-20222023.pdf1.32 MB
ED550B-G-20222023.pdf1.31 MB
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031