SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Estimadas familias,

informarvos de que todas as solicitudes de admisión presentadas no noso centro para o curso 2024-2025 están admitidas.

 

Exámenes Cambridge

Estimadas familias.

Aquí tedes toda información en relación aos exámenes de Cambridge que se celebrarán no noso centro o 30 de maio.

 

O prazo para a realización da matrícula finaliza o 11 de Abril.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso

 


 

NORMATIVA

 

- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro,  (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).

 

- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022,  (DOG núm. 212, do 8 de novembro)

 

- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable. 

 


 

 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

 

 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

 

 

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

 

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

 

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

 

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

 

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

 

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

 

 

 

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

 

  Presentación da documentación para o baremo

 

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

 

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

 

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

 

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

 

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

 

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

 

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

 

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

 

  • Impreso de formalización de  matrícula
  • Cuestionario de lingua materna (só o novo alumnado de 3 anos) 
  • Autorización do uso da imaxe
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

Criterio complementario de admisión

PREVISIÓN DE VACANTES CURSO 2024-2025

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º E.I.

17 +3NEAE

5º E.I.

11

6º E.I.

11

1º E.P.

8 +3NEAE

2º E.P.

3

3ºE.P.

13

4ºE.P.

3

5º E.P.

3

6º E.P.

9

INFORMACIÓN RELATIVA Á RESERVA DE PRAZA NO IES ADSCRITO

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza para o curso 2024/25 no instituto Torrente Ballester .

Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir  o impreso de reserva (Anexo I en Castelán – ED550A) ou (Anexo I en Galego – ED550A) e presentalo  na secretaría do noso centro.

Habitualmente o IES Torrente Ballester ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado dos centros adscritos. Se este ano ocorre o mesmo, unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.

Se teñen a reserva aceptada no IES Torrente Ballester NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar previamente por escrito á praza reservada (antes do 28 de febreiro).

O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.

Normativa aplicable:

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11 de febreiro de 2022)

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 de xuño de 2023)

Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 (*) Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-2025

Comezamos coas xornadas de portas abertas no noso centro .

Serán os martes 6,20 e 27 de febrerio de 16:30 a 17:30.

 

Para máis información:

Tlfn: 886151574

email: ceip.carballeira@edu.xunta.gal

 

Ven a coñecernos!

RESERVA PRAZA IES ADSCRITO

Dende hoxe ata o día 5 de Febreiro o alumnado de 6º de primaria poderá realizar a reserva de praza para o centro adscrito: IES Gónzalo Torrente Ballester.

 

As familias poderán presentar a solicitude de xeito telématico ou presentando a solicitude no noso centro.

 

Formulario de solicitude

Plan Dixital 2023-2024

Plan Dixital do centro educativo aprobado polo Consello Escolar para o curso 2023-2024.

 

Plan Dixital 2023-2024

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930