Inicio clases do curso 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 07/09/2021 - 18:31Comunicamos a toda a comunidade educativa que o proximo xoves, 9 de setembro, comezarán as clases do curso escolar 2021/2022.
O horario lectivo será de 09:00 a 14:00 horas. Lembramos que as portas do centro abriranse ás 08:45 horas, debendo acceder o alumnado de educación primaria ao soportal cuberto, ocupando os lugares predeterminados para cada nivel educativo. A continuación entrará o alumnado de educación infantil, acompañados soamente por unha persoa para evitar aglomeracións.
Grazas pola súa colaboración.
Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2021/22 (DOG nº 93 do 20 de maio de 2021)
Enviado por admin o Ven, 02/07/2021 - 10:38No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2021/22.
Listado PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2021/22 (DOG nº 93 do 20 de maio de 2021)
Enviado por admin o Lun, 28/06/2021 - 10:53No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2021/22.
As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase o venres 2 de xullo no taboleiro interior unha vez finalizado o prazo de reclamacións.
Recollida vales material e libros de texto
Enviado por admin o Ven, 25/06/2021 - 09:59Os días 1 e 2 de xullo, en horario de 09:00 a 12:00 horas, as familias con axudas de libros e material escolar concedidas, poderán pasar a recoller os correspondentes vales polo centro educativo.
Formalización matrícula novo alumnado curso 2021/22
Enviado por admin o Ven, 18/06/2021 - 13:52Lembrámoslles que o prazo de formalización de matricula do novo alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.
Deben acudir con CITA PREVIA. Teléfono 886151574
Documentación necesaria:
- Impreso de formalización de matrícula (galego ou castelán) cuberto e asinado.
- Cuestionario para as familias do alumnado de Educación Infantil.
- Fotocopia libro de familia e orixinal para cotexar
- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
- Volante de convivencia ou certificado de empadroamento expedido polo Concello.
- Fotocopia do carnet de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar
- Certificado do grao de discapacidade se é o caso, e orixinal para cotexar
- Dúas fotografías tamaño carnet
Listado libros de texto e material escolar curso 21/22
Enviado por admin o Mar, 15/06/2021 - 12:26Nos arquivos adxuntos, podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2021/22
Enviado por admin o Ven, 21/05/2021 - 13:22Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2021/22.
ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021)
• AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria:
- 210€ con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€
- 140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€.
• FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros, por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro.
• AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.
O alumnado que vai cursar 5º e 6º de Primaria está incluído no Proxecto EDIXGAL, non participa no FONDO DE LIBROS pero poderá solicitar a AXUDA para adquirir MATERIAL ESCOLAR.
PRAZOS:
- Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2020
MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I e II (impreso en castelán ou galego) dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
2.- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (CITA PREVIA 886151574): solicitude ANEXO I e II (debidamente asinados), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada.
DOCUMENTACIÓN
• Impreso de solicitude ANEXO I ED330B e ANEXO II.
• Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
(Situación real a 31 de decembro de 2019)
E de ser o caso:
• Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
• Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
• Documentación xustificativa de violencia de xénero.
• Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)
DATAS LÍMITE:
- Publicación listaxes provisionais: ata o 9 de xullo de 2021
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación listaxes definitivas: ata o 16 de xullo de 2021
Listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido - curso 2021/22
Enviado por admin o Lun, 10/05/2021 - 13:18Comunicamos a todas as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2021/22 que están admitidas todas as solicitudes presentadas.
Asemade, no taboleiro de anuncios do centro (CITA PREVIA) e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar, o listado definitivo de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar.
Cita Previa no teléfono 886151574.
Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2021/22
Enviado por admin o Mar, 06/04/2021 - 13:18Comunicamos a todas as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2021/22 que están admitidas todas as solicitudes presentadas.
Asemade, no taboleiro de anuncios do centro (CITA PREVIA) e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar, o listado provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar.
Cita Previa no teléfono 886151574.
Presentación solicitudes admisión novo alumnado curso 2021/22
Enviado por admin o Lun, 22/02/2021 - 14:47DO 1 AO 22 DE MARZO
Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión novo alumnado para o curso 2021/22. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” .
Deben acudir ao centro con CITA PREVIA.
Teléfono 886151574. E-mail: ceip.carballeira@edu.xunta.gal
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia e orixinal para cotexar.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso, e orixinal para cotexar
PRAZO:
- Presentación de solicitudes: DO 1 AO 22 DE MARZO
DATAS LÍMITES:
- Publicación listaxes provisionais: antes do 26 de abril de 2021
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 5 días hábiles á publicación da listaxe provisional
- Publicación listaxes definitivas: antes do 17 de maio
NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »