Samaín

A celebración do  Samaín resultou moi interesante. A entrada do colexio quedou adornada coma se fose un túnel tenebroso cheo de teas de araña, morcegos e demais bichería que levaban ata o precioso mural feito para a ocasión.


 


 Tamén se fixo  un obradoiro no que puidemos aprender diferentes maneiras de decorar as cabazas, coa inestimable colaboración de Manuela, unha nai de alumnos do Centro.


Ao remate, fixemos unha exposición coas cabazas decoradas cunha vela acesa no seu interior, como manda a tradición.


 


Quedou de medo!!!

Biblioteca

A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento.  Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.


Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores  que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..


O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.


 


Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.

BLOG TIC "A CARBALLEIRA"

Neste enlace:

https://ticcarballeira.wordpress.com/

 

Podedes acceder o novo blog do equipo TIC do C.E.I.P. "A Carballeira", con enlaces a contidos educativos de todo tipo.

1º PREMIO PARA O NOSO COLEXIO DO CERTAME “CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO”

Parabéns para todos, especialmente para o equipo de Dinamización.

 

Axudas para a adquisición de libros de texto

Orde do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
(Diario oficial de Galicia do 31 de maio)

ALMORZOS SAUDABLES

A vindeira semana desenvolverase no colexio a actividade de Educación para a saúde, Almorzos  Saudables  na  idade  escolar, en colaboración coa Consellería de Sanidade. A actividade ten por finalidade que os rapaces e rapazas coñezan a importancia do almorzo como primeira comida do día e as variedades deles que hai.


 


Faranse 2 tipos de almorzos: almorzo mediterráneo e almorzo mixto.


 


O programa será o seguinte:


 

CONTO VIAXEIRO

Os alumnos e alumnas do colexio elaboraron  o conto viaxeiro “H2O”. Un precioso e interesante conto cuns personaxes moi peculiares: Pinguiña, Pilánea, Petrólium e o científico H2O .A través deles dásenos unha interesante mensaxe.

I CERTAME LITERARIO

No blog do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio poderedes consultar a resolución do I Certame Literario  que leva por título “Somos química: a auga”. Tamén poderedes ler os textos de poesía e narrativa premiados. Noraboa aos  galardonados.


                    Desde aquí queremos animarvos a todos a participar en vindeiros certames.

DÁLLE Á LINGUA

O noso alumnado do 5º nivel vai participar na actividade "DÁLLE Á LINGUA", que promove a emisora Onda Cero Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello. No día de hoxe realizaron a gravación que trataba sobre as diferentes máscaras dos Entroidos Tradicionais en Galicia. Poderemos escoitalos do 28 de marzo ao 1 de abril en Onda Cero Pontevedra, na frecuencia 95.3 de F.M., ás 11:55 da mañá. Parabéns a estes pequenos periodistas radiofónicos por un día!

Blog do ENDL

A profesora Ángeles, coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística, ten creado un novo "blog", no que podedes ver as actividades realizadas e outras novas relacionadas coa nosa lingua.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/ 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Alumnado

Pais/Nais