Robótica educativa
Enviado por admin o Ven, 02/02/2018 - 20:56Solicitude de reserva de praza no IES para o curso 2018/19 para os alumnos/as de 6º
Enviado por admin o Ven, 02/02/2018 - 20:11Aberto o prazo de solicitude de reserva: do 1 ao 15 de febreiro de 2018.
Poden cubrir o formulario de admisión na seguinte dirección WEB https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ a través do menú Solicitudes - Reserva - Crear solicitude de reserva. Feito iso poden optar por:
Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódeno descargar a través das seguintes ligazóns:
En galego:
https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pdf
En castelá:
https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-C.01.pdf
Listado definitivo solicitudes "Fondo libros"
Enviado por admin o Mér, 12/07/2017 - 12:23No arquivo adxunto podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas no "Fondo solidadrio de libros de texto".
Libro de texto curso 2017/18
Enviado por admin o Lun, 26/06/2017 - 11:44
No documento adxunto podes consultar os libros de texto para o curso escolar 2017/18.
Nota fin de curso
Enviado por admin o Lun, 26/06/2017 - 11:38
C.E.I.P. A CARBALLEIRA
LOURIZÁN-PONTEVEDRA
Lourizán, a 23 de xuño de 2017
SRES. PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS:
Poño no seu coñecemento a información seguinte:
- ¬ Venres, 23 de xuño, rematan as clases.
- ¬ Ás 12:00 h. farase un pequeno acto de despedida do curso no colexio con entrada libre.
- ¬ O prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Primaria), axudas de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (1º, 2º ,3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) para o curso 2017/18, remata o día 23 de xuño.
- ¬Deberán estar vostedes atentos ás seguinte datas:
- •5 de xullo, de 10:00 h a 12:00 h: Entrega aos responsables do historial académico do alumnado que remata 6º curso.
- •7 de xullo, de 09:00 h a 12:00 h: Publicación das listas provisionais de alumnado que poderá usar o Fondo solidario (3º e 4º) e entrega de vales para o alumnado beneficiario da axuda de libros de texto (1º e 2º) e material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).
- •10 e 11 de xullo, de 09:00 h. a 12:00 h.: Reclamacións
- •14 de xullo: Publicación das listas definitivas de alumnado que poderá usar o Fondo solidario
- As clases do curso 2017/18 comezarán o 11 de setembro.
Boas vacacións e feliz verán.
A directora
Asdo.: Mª Teresa Fernández Rodríguez
PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/18
Enviado por admin o Mar, 23/05/2017 - 20:01Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio)
FONDO SOLIDARIO: Alumnos que cursarán 3º e 4º de Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: Alumnos que cursarán 1º e 2º de Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: Alumnos que cursarán 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €.
PRAZO: Ata o 23 de xuño de 2017
DOCUMENTACIÓN: 1 Formulario por familia, copia do libro de familia (e orixinal). Se a situación familiar, en 31 de decembro de 2015, é diferente á que se rexistra no libro de familia, ou se se dan casos especiais deberá aportarse documentación acreditativa.
RENDA PER CÁPITA: É a renda referida ao exercicio fiscal 2015, o mesmo que a situación familiar. Calcúlase sumando os recadros 380 e 395 da declaración da renda correspondente ao ano 2015 (presentada en 2016) e dividíndoa polo número de membros da UNIDADE FAMILIAR (pais e fillos que conviven: menores de idade, agás os emancipados; maiores de idade con discapacidade; solteiros menores de 25 anos). Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% computarán por dous. No caso de membros con violencia de xénero non se terá en conta os ingresos do agresor.
IMPRESOS DE SOLICITUDE poden recollerse no colexio ou no portal educativo, en http://edu.xunta.es. Deberán presentarse presencialmente, preferiblemente no centro educativo.
Para máis información, na Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio) ou no colexio.
Lourizán, 23 de maio de 2017
A Directora
Asdo.: Mª Teresa Fernández Rodríguez
ADMISION DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018 (LISTAXE DEFINITIVA)
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 18:41ADMISION DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018
(LISTAXE DEFINITIVA)
EDUCACIÓN INFANTIL
|
ADMISION DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018
Enviado por admin o Mér, 19/04/2017 - 21:58LISTAXE PROVISIONAL
EDUCACIÓN INFANTIL
|
|||
Nº |
CURSO |
ALUMNO/A |
CÓDIGO |
1 |
4º E.I. |
Cernadas Jácome, Brais |
7250083789 |
2 |
4º E.I. |
Domínguez Castrelos, Jose |
7330064213 |
3 |
4º E.I. |
García Pesqueira, Jose |
8410057421 |
4 |
4º E.I. |
Graña Chahboun, Louay |
4040095209 |
5 |
4º E.I. |
López Barcia, Carmen |
3810100975 |
ADMISIÓN DE ALUMNADO EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2017/18
Enviado por admin o Ven, 24/02/2017 - 19:47No documento adxunto, podedes consultar os prazos de presentación, oferta de prazas e servizos ofertados polo centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »