Consello escolar

Elección de membros do Consello Escolar

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 08/10/2018) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros de ensino non universitario. Procederase nos meses de novembro e decembro á renovación parcial  ( Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 26 e 30 de novembro, ambos os  dous incluídos.

A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 25 de setembro entre os días 5 e 8 de novembro de 2018.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro día 23 de outubro ás 12:00 horas na Secretaría do Centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar epublicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participen na vida da Escola para desta maneira contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2016/17

CALENDARIO ELECTORAL

 

 Publicación de censos:                           04 de novembro

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No mes de novembro de 2016, entre o 23 e 29,  realizáranse ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR do C.E.I.P. A CARBALLEIRA, órgano a través do cal participan na súa xestión os diferentes membros da comunidade educativa (Resolución do 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional Ordenación e Innovación Educativa).

Para levar adiante este proceso, deberase constituir unha XUNTA ELECTORAL, entre os días 2 e 8 de novembro, que organizará e supervisará todo o proceso electoral e que estará integrada por:

-  A directora do Centro

-  Un profesor /a

-  Un pai ou nai ou titor legal

-  Un representante do persoal de administración e servizos

Para elixir a estes membros farase un sorteo público o martes  25 de outubro, ás 12:30 horas da mañá no C.E.I.P. A Carballeira.

A XUNTA ELECTORAL concretará o calendario electoral que será comunicado próximamente.

Cada pai, nai ou titor legal poderá presentarse como candidato/a para formar parte do CONSELLO ESCOLAR  e participar así na xestión do Centro. 

 

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participar na vida da Escola é unha maneira de contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

 

                                             

Eleccións ao Consello Escolar

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930