ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No mes de novembro de 2016, entre o 23 e 29,  realizáranse ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR do C.E.I.P. A CARBALLEIRA, órgano a través do cal participan na súa xestión os diferentes membros da comunidade educativa (Resolución do 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional Ordenación e Innovación Educativa).

Para levar adiante este proceso, deberase constituir unha XUNTA ELECTORAL, entre os días 2 e 8 de novembro, que organizará e supervisará todo o proceso electoral e que estará integrada por:

-  A directora do Centro

-  Un profesor /a

-  Un pai ou nai ou titor legal

-  Un representante do persoal de administración e servizos

Para elixir a estes membros farase un sorteo público o martes  25 de outubro, ás 12:30 horas da mañá no C.E.I.P. A Carballeira.

A XUNTA ELECTORAL concretará o calendario electoral que será comunicado próximamente.

Cada pai, nai ou titor legal poderá presentarse como candidato/a para formar parte do CONSELLO ESCOLAR  e participar así na xestión do Centro. 

 

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participar na vida da Escola é unha maneira de contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

 

                                             

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031