Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega, Actividades complementarias e extraescolares, TIC, Biblioteca

FELICITACIÓN DOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Esta semana, os axudantes da biblioteca estiveron preparando unha fermosa árbore para felicitar o Nadal e quedou exposta en forma de mural. Agardamos que vos guste.

 
E aquí unhas fotiños de como traballaron:
 
 
 
 



TARXETA DIXITAL DE NADAL

Este Nadal, Perico e Piruleta achéganvos unha felicitación de nadal moi especial.

Un traballo de colaboración, entre os cinco obradoiros que funcionan no centro, que xira arredor do proxecto deste curso "Sabela, castañas e landras" relacionado co presentado para Voz natura (repoboando), con narración do alumno Artur (en escolarización combinada) e con arranxos musicais por parte de algúns membros da comunidade educativa.

E... Como di  a tarxeta: 
Bo Nadal dende o CEE MIÑO !!

 

RECURSOS PARA O NADAL

Perico e Piruleta estiveron buscando e recopilando información sobre o Nadal, e aínda que o alumnado do CEE Miño xa leva uns días traballando moito na preparación da tarxeta de nadal, decoración do centro e preparando o festival, deíxanvos aquí unha selección de cousiñas:


 
 Recursos EDLG
 
 
 
 
 


3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, luns 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Para dita conmemoración, no CEE Miño tivemos a oportunidade de colaborar nun proxecto ao que fomos convidados polo CEE Infanta Elena de Monforte o que nos fixo chegar a seguinte nota:

 
E...mans a obra, logo nos puxemos a pensar e traballar e co anaco de canción que nos tocou cantamos, bailamos, tocamos instrumentos e sobre todo...pasámolo xenial...ollade ollade... O resultado foi este!!!
 
 
 
E como ben dí o título da canción versionada...
 

SER DIFERENTE NON ESTÁ TAN MAL!!!

Tan pronto como teñamos o resultado final da canción montada coas aportacións do distintos coles xa vos informamos!!!
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut