Tal e como vedes na imaxe, no apartado "EVENTOS" aparece un calendario mensual no que iremos engadindo aquelas actividades complementarias e celebracións escolares.Simplemente premede no día e teredes acceso ao que está ocorrendo no centro.
Ben queridas familias, achegamos enlace para que teñades acceso ao horario de titorías, tanto de titores como especialistas.Forma parte dun bloque estático da web, polo que poderedes en calquera momento visualizalo.
No ano 2017, tivemos unha primeira toma de contacto coa terapia con animais no centro, da man de Ardai. No presente curso 2023/2024 e logo de algúns cursos retomamos as sesións de terapia con animais.