Skip to Content

Aula 2

RECOLLIDA E REPARTO DE LEITUGAS

Vaia mañá máis intensa  e de traballo...verdade María? Pois nesta ocasión tocouche todo a ti, tendo en conta que Marta e Sofía estaban coa profe de Audición e Linguaxe e Martín non veu ao cole.

Mañá de recollida de produtos da horta: LEITUGAS

AS DISTINTAS TENDAS: PEIXERÍA

Durante este trimestre cada nivel do cole estivo traballando  unha tenda. Escollemos a FROITARÍA,PANADARÍA E PEIXARÍA. Foi un  traballo incrible onde se traballou moito vocabulario e en cada nivel outros moitos aspectos.

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

E que mellor forma para celebrar o Día do Amor e da Amizade que facendo unha actividade conxunta con algúns dos nosos compañeiros/as da Aula 1...pois aquí nos tedes...entre todos estivemos preparando uns marcapáxinas moi amorosos pensando na nosa mascota da nosa biblio, o noso Perico.

SORPRESAS NO NOSO XARDÍN

 

É unha sorte ter os xardíns que temos no noso cole!!!

Hai días que, por distintas razóns, saímos fóra e atopámonos con pequenas criaturas que nos alegran a mañá...Guay

TEMPO DE ENTROIDO

Aquí estou con esta nova entrada...desta vez é para recordar moitas actividades e momentos de traballo que levamos a cabo no mes de febreiro en torno ao Entroido.

O proceso de creación dos disfraces, as distintas máscaras que fixemos na aula, como nos caracterizamos seguindo as ordes da nosa Meca Sabela ...Mirade o vídeo e disfrutadeo...

 

 

ALGUNHAS SESIÓNS CON ARDAI

Aquí vos deixamos esta presentación con algunhas fotiños de distintas sesións con Andrea y os peludos que veñen de Ardai semana tras semana para compartir con nós momentos moi especiais.

Un día fixemos o xogo das emocións, outro día fomos para a sala de Terapia e estivémola decorando, coidamos e mimamos a Cachelo e Grelo e fixémoslle un disfraz a ToñitoSorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut