Skip to Content

RECOLLIDA E REPARTO DE LEITUGAS

Vaia mañá máis intensa  e de traballo...verdade María? Pois nesta ocasión tocouche todo a ti, tendo en conta que Marta e Sofía estaban coa profe de Audición e Linguaxe e Martín non veu ao cole.

Mañá de recollida de produtos da horta: LEITUGAS

Fixémonos con bolsas e fomos aos carros para arrancar as leitugas que  eran máis grandes e meterlles unha a cada alumno e alumna dos internos para que levaran para as súas casas, aproveitando que era venres.

María disfrutou moito facendo esta actividade ademáis de falar e compartir as súas emocións. Os venres son o seu día preferido!!!

 



story | by Dr. Radut