Skip to Content

Audición e Linguaxe

O MONSTRO DE CORES

Ben queridas familias,achego unha presentación do conto "O MONSTRO DE CORES".Podedes disfrutar da lectura cos vosos fillos e fillas sempre que queirades. Nun par de días colgarei actividades para completar a dinámica do conto.

Aí tamén vai o conto do MONSTRO DE CORES versión audioconto.

https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA

 

Unha aperta grande

PRAXES BUCOFONATORIAS

Bos días familias, para estes días achego unha presentación variada de praxes que podedes facer cos vosos nenos e nenas aproveitando a rutina do baño.E interesante ter o espello a man, e facelo tamén con eles para que lles resulte mais divertido. Espero que disfrutedes moito.

Unha aperta.

Actividade teacch para traballar o concepto de igualdade entre homes e mulleres

Ola familias, compis, e alumn@s!

Aquí deixo un vídeo do material para traballar na aula de audición e linguaxe mañá 11 de marzo, día en que conmemoramos no cole o "día da muller" cunha actividade que veredes proximamente neste mesma web.

Puzzles con picto de ARASAAC

Ola de novo!

Un dos alumnos está obsesionado cos puzzles, e como estamos traballando vocabulario básico en castelán pois alá que fun a transformalo en puzzles, e parece que así o traballo costoulle menos.

Material teacch de atención viasual: AS CORES

 

Ola pais, nenos e compañeiros! 

Hoxe comparto un material para traballar a atención visual a través da tematica das cores.

Libros de Audición e Linguaxe personalizados

Hoxe comparto uns libros de Audición e Linguaxe. Están totalmente adaptados cos pictogramas de ARASAAC e seguen a metodoloxía teacch favorecendo unha aprendizaxe manipulativa.

Hai dúas versións: unha está orientada a traballar a lectura global e a articulación, e outra orientase a integrar rutinas (o tempo, o menú), aprender xestos, e practicar a relación imaxe real e pictograma.

Aquí deixo unhas fotillos do material para que vos fagades unha idea.

Distribuir contido


by Dr. Radut