Skip to Content

Audición e Linguaxe

SODES MÁXICOS

" SAÍMOS DE PASEO"

Ola de novo familias, achego un pequeno vídeo para traballar a lateralidade e a motricidade fina. Podedes facelo na casa xa que soamente precisades material de refugallo.

Botámosvos moito en falta.

Unha aperta enorme!!!

PREME NO ENLACE PARA VER O VÍDEO.

Vídeo conto "Un lío de narices"

Ola familias, hoxe vos traemos outro vídeo conto: Un lío de narices.

Máis adiante traballaremos co material manipulativo no cole, pero hoxe, os nenos e nenas poden velo dende casa e irse familiarizando.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

"AS SECUENCIAS"

Ola de novo familias!

Achegamos pdf con exemplos de rutinas diarias para que traballedes cos nenos dentro das estancias da casa. Por unha banda lembramos rutinas e por outra incidimos nas secuencias temporais.

MOITA FORZA E APERTAS GRANDES!

A QUE SABE A LÚA?

Ola familias!, feliz día do libro!!

e como agasallo déixovos este contacontos da adaptación do conto “a que sabe a lúa?”; é un conto moi sinxelo onde podemos traballar os diferentes animais; no arquivo adxunto un documento cos animais para imprimir, colorear e recortar; deste xeito poderedes contarlle o conto aos vosos fillos/as dunha maneira máis manipulativa e onde eles participen colocando os animais.

 

"La descubridora de cuentos": Un conto moi TEACCH

Aquí vos deixo un conto moi teacch feito para os nenos e nenas do cole con moita ilusión. Lembrade que o xoves e o día do libro!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut