Skip to Content

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Coa chegada do mes de novembro "Mes do San Martiño" todas as aulas do colexio celebramos o Magosto, festa típica tradicional galega, na que a gran protagonista é a castaña.

Contamos cunha semana repleta de actividades na que o alumnado e o profesorado desfrutamos ambientando as aulas e elaborando orixinais e divertisas castañas e piñatas.

O venres 8 decoramos o ximnasio para sumerxirnos nun ambiente do outono galego.

O MAGOSTO DE VELLE

Estes días esta canción non deixa de soar polos corredores do cole...ide practicando que o venres cantámola todos e todas xuntos!!!

Gracias profe Jose!!!

Vaia ritmo que ten!!!

 

UN SAMAÍN TERRORÍFICO

A semana pasada no cole celebramos a festa do Samaín.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado venres día 25 festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, marcado como tal pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co fin de concienciar sobre a importancia da lectura e o recoñecemento das bibliotecarias/os.

Para a ocasión... quen mellor que a nosa Sabela para acompañarnos e contarnos moitas novidades sobre a biblioteca?

FOTOS DA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OUFF ESCOLA 2019

 
E por fin, aquí vos deixamos a presentación de fotos que fixemos do día 1 de outubro, cando acudimos ao auditorio xa que nos convidaron á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF ESCOLA 2019. Agardamos que vos gusten! 

X CERTAME DE CINE OUFF ESCOLA 2019

Onte pola mañá acudimos á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF Escola para o que presentamos dous traballos de animación feitos o curso pasado: Xaime e as landras e Maruxa.

Distribuir contido


by Dr. Radut